Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago oferta xornadas para a transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago oferta xornadas para a transformación dixital

S. P.
Publicado: 23/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camara_de_comercio_compostela.jpg Ao longo dos meses de abril, maio e xuño a Cámara de Comercio de Compostela acollerá varias accións formativas encamiñadas a autónomos, pemes e emprendedores cuxo obxectivo é mellorar as súas competencias dixitais e achegar información puntual sobre as axudas públicas para a innovación na empresa.
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a través do seu Coworking Dixital, forma parte da rede de espazos de traballo da Deputación Provincial da Coruña, xunto con outros 10 espazos máis da provincia que, inseridos nesta rede, buscan apoiar ao emprendemento ofrecendo instalacións e espazos axeitados ás necesidades dos emprendedores, apoio aos seus proxectos cun acompañamento e asesoramento especializado e ofrecendo a oportunidade de acceso a traballar de maneira colaborativa con outras persoas que persigan os mesmos obxectivos.
A Cámara de Comercio de Santiago puxo en marcha no ano 2023 o Coworking Dixital CCompostela coa finalidade de fomentar proxectos dixitais de emprendedores e startups e impulsar a transformación dixital de pemes e micropemes da demarcación da Cámara de Comercio de Santiago, neste ano, do mesmo xeito que no anterior, conta ademais coa colaboración do Concello de Santiago, que se une ao apoio aos proxectos empresariais e aos emprendedores que se xestionarán desde o coworking da Cámara compostelá. Desde a súa posta en funcionamento, no Coworking máis de 400 empresas e emprendedores participaron nas súas accións formativas, amais recibíronse máis de 80 solicitudes de servizos de asesoramento e consultoría a empresas e emprendedores.
O 29 de abril desenvolverase online a xornada formativa Oportunidades de Financiamento para Medrar: Innovación en Movemento, na que se ofrecerá información sobre as diferentes opcións de axudas e financiamento público dispoñibles para empresas, autónomos e emprendedores.
No mes de maio co curso Claves para deseñar un plan de comunicación en redes sociais, os asistentes poderán coñecer, nunha tarde, os coñecementos prácticos básicos para aplicar diversas técnicas de mercadotecnia dixital nas principais redes sociais.
Para rematar, a formación Ferramentas de IA para a mercadotecnia dixital, búscase achegar aos asistentes coñecementos básicos e prácticos para comezar a usar ferramentas de IA aplicadas á mercadotecnia dixital, esta formación celebrarase no mes de xuño.
Todas as formacións son de carácter gratuíto para os e as asistentes, previa inscrición na páxina web da Cámara de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?