Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG mostra os últimos avances en loxística con drons desde o porto exterior da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG mostra os últimos avances en loxística con drons desde o porto exterior da Coruña

S. P.
Publicado: 23/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

captura_despegue_004.jpgO porto exterior da Coruña foi escenario este mércores 23 de abril dunha demostración de mobilidade aérea con múltiples drons, coordinada polo centro tecnolóxico ITG (Instituto Tecnolóxico de Galicia). Este exercicio levouse a cabo durante a xornada de presentación de resultados da iniciativa U-ELCOME para o desenvolvemento do U-Space ou xestión de tráfico aéreo de drons en Europa, que conta con 51 socios de 3 países e no que ITG lidera o nodo galego.
Así, ao longo da mañá leváronse a cabo nove operacións simultáneas de drons, entre elas, a demostración de transporte loxístico urxente en voo de longo alcance entre o porto exterior da Coruña e Malpica.
Trala presentación en Galaxy-Lab, o laboratorio avanzado de experimentación avanzada en Intelixencia Artificial de ITG, os asistentes trasladáronse ao porto exterior da Coruña, onde tivo lugar a demostración técnica con múltiples operacións simultáneas nunha contorna real e complexa como é o portuario. Nesta acción participaron, ademais de ITG, Cartogalicia, Aeromedia, Aerocamarás e INECO, que levaron a cabo as operacións simultáneas de drons, todas elas coordinadas e integradas por o centro tecnolóxico galego. Un dos momentos clave da xornada foi o voo loxístico de longo alcance, a cargo de BCN Drone Center, que conectou o porto exterior da Coruña coa localidade de Malpica, cubrindo unha distancia total de 46 quilómetros (ida e volta).
Carlos Calvo Orosa, director xeneral de ITG, destacou que “a tecnoloxía de xestión do tráfico de drons desenvolvida por ITG foi testada en 10 localizacións en Europa e América, e está recoñecida como unha das máis avanzadas no mundo. A demostración realizada hoxe é un anticipo do que está por vir nun futuro moi próximo, un traballo que xa estamos a desenvolver para multinacionais como Airbus, Boeing ou Telespazio, e en colaboración cos reguladores aeronáuticos europeos”.
Pola súa banda, Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, sinalou que “ITG é un centro tecnolóxico punteiro a nivel internacional, e contar coa súa colaboración e asesoramento para a utilización de drons nos espazos portuarios supón un gran valor para o porto da Coruña, ao incidir de forma moi positiva no control das infraestruturas ou a mellora das operacións, entre outras moitas funcionalidades.”
itg_uspace_exterior_0003.jpgEsta operación, realizada coa aeronave Eiger, do fabricante suízo RigiTech, especializada en solucións de transporte aéreo non tripulado para aplicacións loxísticas, tivo como obxectivo demostrar a eficiencia deste tipo de roteiros para conectar zonas urbanas e rurais, logrando importantes reducións de tempo e posibilitando múltiples usos de transporte loxístico urxente como documentación, ferramentas, material técnico, repostos de pequeno tamaño ou material sanitario urxente. “Neste caso”, informou o ITG, “mentres que o traxecto por estrada pode superar os 40 minutos, o dron puido completar o percorrido en tan só 15 minutos, realizando un transporte loxístico urxente, sen depender do tráfico nin xerar emisións”.
As operacións foron monitoradas polos provedores de tecnoloxía U-Space de ENAIRE e ITG. No caso da plataforma desenvolvida polo centro tecnolóxico ITG, DALIAH, facilitou a xestión eficiente e segura das operacións de drons, garantindo un control preciso do tráfico aéreo. Ambos os sistemas traballaron de forma coordinada, con ENAIRE actuando como provedor común de servizos de información en España. Pola súa banda, a torre de control do Aeroporto de Alvedro, xestionada por SAERCO, coordinou as operacións para facilitar a integración co tráfico aéreo tripulado no espazo aéreo controlado. Neste contexto, aplicouse o procedemento DAR (Dynamic Airspace Reconfiguration), que permite a reconfiguración dinámica do espazo aéreo, suspendendo temporalmente zonas U-Space para adaptarse a necesidades imprevistas do tráfico convencional.<

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?