Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a nova edición de Alento, con servizos gratuítos de mercadotecnia e comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega a nova edición de Alento, con servizos gratuítos de mercadotecnia e comunicación

S. P.
Publicado: 25/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

alento_1.jpgA Xunta lanzou a nova edición do Programa Alento (Impulso a comunicación para emprender). Fíxoo en colaboración co Clúster de Comunicación de Galicia e co obxectivo de ofrecer (de balde) unha axuda para que, arredor de 30 proxectos de emprendemento, poidan acceder a distintas solucións en mercadotecnia e comunicación, executadas por expertos vinculados ao Clúster.
A Xunta e a agrupación empresarial sinalan que a nova edición abrangue un catálogo de 10 servizos para capacitar á comunidade emprendedora ante os novos retos do mercado. Entre os servizos ofertados atópanse o deseño de imaxe corporativa e deseño e desenvolvemento de web e comercio electrónico, definición da estratexia e accións de mercadotecnia dixital, desenvolvemento de gráficas publicitarias, investigación de mercados, accións relacionadas coa estratexia de comunicación para pemes, de vídeo-marketing e tamén produtos de impresión publicitaria.
Cun orzamento de 120.000 euros, búscase beneficiar arredor de 30 proxectos para acompañalos nos procesos de xestión de saída ao mercado, conexión co seu público obxectivo e na creación de marcas que aporten valor aos seus clientes, a través de 38 empresas expertas neste eido, “o que supón un incremento do 30 % en relación á pasada convocatoria”, informou a Xunta, engadindo que na edición deste ano, e como novidade, primaranse aqueles proxectos vinculados ao comercio local (sobre todo ao pequeno comercio de proximidade) e aqueles que se sitúen en concellos de menos de 25.000 habitantes, “contribuíndo así ao reequilibrio territorial e á dinamización do medio rural e da contorna semiurbana”.
O prazo para a inscrición de proxectos está aberto ata o vindeiro 12 de maio e os interesados poderán presentar a súa iniciativa emprendedora a través da web do Programa Alento, valorándose posteriormente distintos aspectos como a viabilidade, a transferencia de coñecemento, a xeración de innovación, o impacto económico ou cuestións relativas ás persoas emprendedoras das iniciativas como a súa formación, experiencia profesional ou coñecementos técnicos do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?