Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant volve á RSA Conference coas súas últimas innovacións en seguridade e privacidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant volve á RSA Conference coas súas últimas innovacións en seguridade e privacidade

S. P.
Publicado: 25/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gradiant_rsa-2025web.jpgUn ano máis, Gradiant estará presente na RSA Conference 2025, o evento de referencia mundial en ciberseguridade. Celebrarase do 28 de abril ao 1 de maio en San Francisco baixo o lema Many voices. One community e neste prestixioso punto de encontro o centro tecnolóxico galego dará a coñecer as súas solucións en seguridade e manterá un contacto directo co ecosistema global do sector.
Fronte a ameazas como o roubo de datos, os ciberataques ou as violacións de privacidade, Gradiant mostrará as súas recentes solucións adaptadas ás necesidades reais de empresas e usuarios para garantir a seguridade dos seus datos.
Nesta edición, Gradiant presenta un conxunto de solucións deseñadas para afrontar os retos máis esixentes en materia de ciberseguridade:
SafeGate by Gradiant
Esta solución está enfocada ao sector financeiro. Permite integrar e facer monitoraxe de procesos de negocio que utilizan hardware criptográfico (HSM). Facilita unha xestión centralizada, optimiza recursos e reduce custos mediante unha integración sinxela con aplicacións financeiras grazas á súa API de alto nivel.
IDhub by Gradiant
Este sistema centraliza os certificados dixitais en HSMs na nube, permitindo un acceso seguro desde calquera lugar e dispositivo. Ofrece control en tempo real, ACLs personalizadas e unha potente API para integrar con aplicacións corporativas. Está especialmente dirixido a entidades que xestionan grandes volumes de datos sensibles.
fAIr by Gradiant
Gradiant tamén mostrará fAIr by Gradiant orientada a combater as ameazas emerxentes derivadas do uso malicioso da IA Xenerativa. Esta plataforma permite a detección de imaxes, vídeos e audios manipulados e xerados sinteticamente, non só deepfakes. Ademais, tamén facilita coñecer a rastrexabilidade do contido multimedia por distintas redes sociais e a protección do contido multimedia contra o uso malicioso de ferramentas baseadas en IA xenerativa. FAIr by Gradiant é capaz de detectar deepfakes en contidos multimedia, identificar manipulacións en voz, imaxe e vídeo en tempo real. “Un avance crucial para sectores como o financeiro, asegurador ou os medios de comunicación, onde protexer a integridade das interaccións dixitais é vital para preservar a confianza”, adiantan dende o centro tecnolóxico galego.
Estas solucións presentaranse no Pavillón de España coordinado por INCIBE e ICEX, no Moscone South Expo, no booth S-0642. Os asistentes poderán coñecer en detalle as súas funcionalidades e beneficios aplicables a múltiples sectores empresariais.
RSA Conference: un punto de encontro clave para a ciberseguridade
Durante máis de tres décadas, a RSA Conference foi un espazo clave para profesionais da ciberseguridade a nivel mundial. Máis aló dos relatorios, trátase dun foro de intercambio de coñecemento, descubrimento de novas solucións e creación de conexións estratéxicas que impulsan a transformación do sector. A edición 2025 ofrece unha nova oportunidade para ampliar horizontes na innovación e as tecnoloxías avanzadas fronte a un panorama de ameazas en ciberseguridade cada vez máis complexo.
Coa participación na RSA Conference 2025, Gradiant reforza a súa posición como socio tecnolóxico de referencia no ámbito da seguridade e a privacidade dos datos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?