Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CIP recoñeceu o proxecto Rebelico Revista e á tiktoker Sara Seco nos premios á Creación Dixital en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CIP recoñeceu o proxecto Rebelico Revista e á tiktoker Sara Seco nos premios á Creación Dixital en galego

S. P.
Publicado: 28/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Sara Seco na gala final do CIP
Sara Seco na gala final do CIP
O Carballo Interplay pechou este domingo 27 de abril a súa XII edición coa gala de entrega de premios. Foron res días nos que pasaron polo Mercado de Carballo proxectos, novos e consolidados, da Rede en galego, con nomes como Ana Polo, Bob Pop ou Facu Díaz e Miguel Maldonado e emocionantes encontros como o de Andy Chichester con Federico Pérez ou podcast en directo como Keep it cutre ou O Faiado, sen esquecer conversas nos paneis Abajo el trabajo con Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel e Comunicar na diversidade con Chaimaa Boukharsa, Lucía Mbomío, Voria Stefanovsky e “Guru” Jiménez. Ademais dunha Sección Oficial de series con vinte obras de todo o mundo, o festival despediu a XII edición coa entrega de premios.
A problemática da lingua
As directoras do festival Sonia Méndez e Andrea Villa destacaron desta edición a “especial atención á problemática da lingua nun ano no que o Carballo Interplay consolida o seu apoio á creación dixital en galego”. Ademais, amosaron a recepción “sen precedentes” de todas as actividades da programación na edición “máis social” ata o momento, unha liña de “pensamento e debate” que seguirán en próximas edicións.
Premios
ganadora_mellor_canle_durante_o_pitching_do_venres.jpg Miguel Canalejo e Belén Puime foron os encargados de presentar a entrega de premios. Nesta edición consolidáronse os recoñecementos á Mellor Canle e Mellor Creador/a dentro da categoría de Premio á Creación Dixital en Galego. Desde a pasada edición procuran destacar proxectos en rede pola súa profesionalización, calidade e repercusión, apoiando aos creadores que fan contido na nosa lingua. Na categoría de Mellor Canle o galardón e o premio de 600€ foi para Rebelico Revista, un proxecto multimedia sobre a cultura tradicional galega. O xurado formado por Marta Pérez (docente na área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC), Andrea Villa (codirectora do festival e programadora de actividades), Andy Chichester (filólogo, docente e xerador de contidos) e María Rúa (gañadora do premio na pasada edición na categoría de creación) valorou a calidade do pitching do proxecto e a “profesionalización da canle no último ano que mellora significativamente a súa calidade”.
Na categoría de Mellor Creadora o premio, tamén de trofeo e 600€, foi para a tiktoker e creadora de contido Sara Seco. O xurado despois de valorar a presentación destacou o “saber monetizar a desgraza, facernos rir con contido de lifestyle e da súa aventura no xulgado de Rianxo, así como explicar con calidade o seu proxecto creativo”.
ganador_mellor_producion_durante_o_pitching_do_xoves_.jpgO premio á Mellor Produción, pola súa banda, apoia proxectos en desenvolvemento cunha dotación de 3.000€ que o equipo destinará á produción do mesmo. O premio ten como obxectivo incentivar e fomentar a creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en Internet. O xurado composto por Xosé Regueira (concelleiro de Turismo e Promoción económica do Concello de Carballo), Sonia Méndez (codirectora do Carballo Interplay) e Bea Saiáns (gañadora do premio o ano pasado e directora da serie Delirio Sketches) outorgou o premio ao proxecto Epidemia Invisible, do xornalista Román Varela. Trátase dunha proposta documental para tratar o tema da problemática da saúde mental en Galicia mesturando testemuñas e investigación. O xurado valorou do seu pitching como “aborda unha problemática contemporánea cunha clara exposición argumentativa desde diferentes puntos de vista”.
Premios para a comedia iraniana The pearl e o director Alec Provonost
copia_de_aigiboga.com-3488.jpg A Sección Oficial de series contou nesta edición con vinte proxectos de ata 12 países. O Xurado Oficial, formado polo xornalista e guionista Bob Pop, o cineasta Jorge Boquete e a actriz e creadora de contido Albanta San Román destacou a gran calidade e diversidade da selección. O premio á Mellor Serie foi para The Pearl (Let´s make peace), unha comedia de Irán feita con stop motion dirixida por Abdollah Alimorad . O xurado destacou como ”une técnica, fondo e forma para remitir a memorias infantís” e o seu “espírito conciliador”.
Pola súa banda, Triple oh! recibiu unha mención especial pola súa “frescura e descaro e por propoñer situacións inverosímiles e libres”. Ademais, foi a que máis conquistou ao público, quen lle outorgou coa súa votación o Premio do Público.


Na categoría de Mellor Dirección o gañador foi o canadense Alec Pronovost, pola serie de comedia J''adore le jus. O xurado destacou como logra “a dirección dunha serie que combina xéneros dun xeito brillante e, aínda co seu exceso de testosterona, amosa unha masculinidade que resulta non ser tóxica como outros produtos contemporáneos”. Nesta categoría a mención especial foi para My Dead Mom, tamén de Canada, “unha gran serie que funciona dentro e fóra de festivais”.

O Xurado Novo, formado por Celia Eiras, Lara Caeiro e Antía Rodeiro decidiu premiar á serie galega A moza que abortou e o contou da directora Eire Cid, proxecto que xa gañou no Carballo Interplay o Premio a Produción en 2023. Outorgoulle unha mención especial a Ça prend pas la tchas à Papineau.

Carballo Interplay está organizado polo Concello de Carballo e Turismo de Carballo co apoio da Deputación da Coruña e Xunta de Galicia a través de AGADIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?