Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 560 estudantes de toda Galicia participaron na Competición de Robots da EE Industrial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 560 estudantes de toda Galicia participaron na Competición de Robots da EE Industrial

S. P.
Publicado: 29/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_robots_ro13.jpgO pasado venres 25 de abril celebrouse a nova edición, a oitava, da Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. A cita congregou a 566 estudantes de institutos de toda Galicia, repartidos en 120 equipos. Ao longo de toda a mañá do venres implicáronse cos seus autómatas nun robot friday que comprendeu diferentes probas nas dúas modalidades: BeRobot (para ESO e Bacharelato) e DemoRobot (para FP e Universidade).
O obxectivo fundamental deste concurso, como explica o director da EEI, José Fariña, é achegar a Universidade ao alumnado do ensino secundario e Bacharelato, ademais de promocionar as titulacións da escola e fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEAM, máis especificamente polos estudos de enxeñaría.
uvigo_robots_ro6.jpgNa mañá deste pasado venres os 120 equipos puxeron os seus robots en marcha sobre os tapices das probas, aínda que, como sinalaron os organizadores, a competición “comezou moito antes”, co deseño e construción e programación dos propios autómatas a partir dun kit básico, o mBot 2, un autómata educativo de última xeración impulsado por CyberPi, un microcontrolador educativo.
Nesta oitava edición da Competición de Robots da EEI (a pandemia puxo en pausa a actividade durante tres anos) participaron 36 centros de ensino das catro provincias galegas (9 da Coruña, 21 de Pontevedra, 2 de Ourense e 4 de Lugo). Do total de participantes, o 65% son mozos e o 34% mozas.
uvigo_robots_ro12.jpg Na modalidade BeRobot inscribíronse 110 equipos en tres categorías: 26 equipos con 120 participantes de 1º e 2º da ESO; 50 equipos con 234 participantes de 3º e 4º da ESO e 34 equipos con 177 participantes de 1º e 2º de Bacharelato. Na segunda modalidade, DemoRobot, para estudantes de FP e Universidade, participaron 10 equipos con 35 participantes.
Ao longo da mañá os equipos enfrontáronse ás diferentes roldas de probas. No caso da categoría Be Robot, para alumnado de ESO e Bacharelato, cada robot debía participar en dúas probas, o Sigue-liña marchoso, con obstáculos e un lombo e Velódromo mareante, que consistía en completar o maior número de voltas ao circuíto no menor tempo posible.
uvigo_robots_ro3.jpg Na categoría DemoRobot, para estudantes de FP e universidade, a competición comprendía catro probas, tres individuais e unha colectiva: Rastrexo (individual) que consiste en seguir un camiño marcado no chan; Labirinto (individual); Tripla penalti con illa (individual) sacar todos os obstáculos do recinto entre os paus que lle correspondan e Sumo (colectiva), na que o robot debe intentar sacar o seu opoñente do campo de xogo e evitar que o saquen a el.
Entrega de premios a mediodía
Tras toda unha mañá de competicións e fases eliminatorias, a mediodía entregáronse os premios 1º, 2º e 3º clasificado) en cada unha das diferentes categorías (1º+2º ESO, 3º+4º ESO, 1º+2º BACH e Demo Robot), ademais dos galardóns ao robot máis orixinal e o premio STEAM, que se outorga en colaboración con AER Automation (Asociación Española para la Robótica y la Automatización).
uvigo_robots_ro14.jpgNa categoría Be Robot 1º+2º ESO, o equipo gañador foi Malvebot, do CPR Malvedo; en 3º+4º ESO gañou Furoca 1, do IES A Pastoriza e en 1º+2º BACH impúxose Furoca 1, do IES A Pastoriza. Na categoría Demo Robot o primeiro premio foi para RALIE25, do alumnado da EE Industrial. O premio á orixinalidade foi para IESEO_02, o IES Luis Seoane, mentres que o premio STEAM foi para o IES Mestre Landín. Ademais tamén se outorgou ao Brión 1 do IES Brión (1º BACH) o Premio ao fomento do talento feminino.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?