Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Redegal pecha 2024 cunha facturación de 13,8 millóns de euros e un EBITDA positivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Redegal pecha 2024 cunha facturación de 13,8 millóns de euros e un EBITDA positivo

S. P.
Publicado: 30/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Jorge Vázquez, presidente executivo de Redegal
Jorge Vázquez, presidente executivo de Redegal
A firma galega Redegal, consultora full digital de alcance global, pechou o exercicio 2024 cunha facturación consolidada de 13,8 millóns de euros, o que representa un crecemento do 37% respecto aos 10,1 millóns alcanzados en 2023.
No balance faise saber que desde 2008, a compañía mantivo unha sólida traxectoria cun crecemento composto anual (TCAC) do 25,7%, reafirmando a escalabilidade e solidez do seu modelo. Ademais, concluíu o ano fiscal cun EBITDA axustado de 800 mil euros globais, e cun EBITDA axustado en Europa de 1,1 millóns, o que equivale a un 17,02% superior ao de 2023, “reflexo dunha operativa rendible e sólida no seu mercado principal”, explicou a empresa galega no seu balance, engadindo que o exercicio 2024 estivo “marcado por unha decidida aposta polo investimento estratéxico, orientada a consolidar a compañía para a súa próxima etapa como empresa cotizada en BME Growth MTF Equity”.
Así, a maior parte deste esforzo investidor destinouse a tres grandes liñas: en primeiro lugar, ao proceso de incorporación a negociación en BME, que implicou un importante investimento en estrutura, asesoramento, cumprimento normativo e reforzo do goberno corporativo.
En segundo lugar, tamén cobrou importancia a continuidade operativa en Latinoamérica, especialmente en México, onde se priorizou manter a relación cos clientes e o posicionamento estratéxico (a compañía leva apostando por ese mercado máis de 15 anos e reforzando a súa posición operativa).
Finalmente, Redegal dirixiu tamén o seu esforzo investidor cara á expansión internacional, coa entrada en Portugal a través de novos proxectos (principalmente no sector bancario) e o desenvolvemento de Boostic.cloud, firma xurdida de Binnacle Data, unha nova solución propia deseñada para maximizar o rendemento das canles dixitais.
Así mesmo, os ingresos obtidos pola comercialización de licenzas de Binnacle Data durante o exercicio 2024 foron superiores aos 400 mil euros, “un dato que reflicte a notable evolución do SaaS, que iniciou a súa comercialización para mediados de 2023 e confirma a validación do produto no mercado, así como a acertada estratexia da Compañía por ofrecer solucións propias”, sinalaron fontes da compañía galega, apuntando que “tanto Binnacle Data como Boostic.cloud son produtos clave dentro do noso plan de negocio a cinco anos coa consecuente mellora de marxe grazas á optimización de custos e a experiencia adquirida, o que reforza a aposta estratéxica de Redegal polas solucións propias como liña de ingresos recorrentes e flexibles aos cambios e transformacións”.
Redegal tamén destacou que no exercicio 2024 producíronse gastos extraordinarios asociados á incorporación a negociación en BME que “non afectan á operativa habitual da compañía e non deben considerarse para interpretar a rendibilidade operativa real do ano”. Estes custos extraordinarios mitigaranse a partir de 2025, “permitindo centrar os esforzos no crecemento rendible e a xeración sostida de caixa”.
Así mesmo, a compañía reforzou de maneira significativa a súa estrutura de capital a través de ampliacións de capital e a amortización de débeda, pechando cunha débeda financeira neta (DFN) reducida drasticamente de 4,6 millóns de euros a 0,5 euros situando o cociente DFN/EBITDA axustado en 0.6x. Redegal pechou 2024 con forte crecemento de vendas, saneou o seu balance e sentou as bases para escalar a súa oferta full-digital, coa incorporación a negociación e o desenvolvemento de produto propio como fitos para consolidar marxes e duplicar tamaño a medio prazo.
“O ano comezou cunha evolución moi positiva para nós, crecendo por encima do TCAC histórico, grazas tanto á expansión de contas existentes, como á incorporación de novos clientes nos segmentos middle market e enterprise”, sinala Redegal no seu balance, no que engade que “2024 foi un ano de transformación, e a pesar do impacto da saída a bolsa e os investimentos, o negocio medrou moito, é rendible en condicións normais, e saíu reforzado a nivel operativo, financeiro e estratéxico”.
“En 2025 empeza unha nova etapa con foco claro: mellora de marxes operativas, xeración de caixa e valor para o accionista”, sinalou Jorge Vázquez, presidente executivo de Redegal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?