Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abertas as inscricións para o Curso de Informática Forense do CPETIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abertas as inscricións para o Curso de Informática Forense do CPETIG

S. P.
Publicado: 05/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

curso_informatica_forense_cpetig.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) organiza esta tempada unha actividade formativa relacionada cun dos principais ámbitos de traballo do colexio: a confluencia entre xustiza e tecnoloxías. Trátase dun Curso de Informática Forense destinado a tódolos profesionais interesados en adquirir coñecementos en análise de evidencias dixitais.
Dende o CPETIG avanzan que na actualidade “esta disciplina é fundamental á hora de resolver incidentes de seguridade como ciberataques e abre unha saída profesional aos enxeñeiros/as técnicos en informática cada vez mais necesaria na sociedade”.
Estamos ante unha formación de 9 horas de duración en modalidade presencial con dúas sesións de 4 horas e media por xornada, a celebrar durante un fin de semana: venres 6 (de 16:30 a 21:00 horas) e sábado 7 de xuño (de 09:30 a 14:00 horas).
O curso está aberto á participación de calquera persoa ou representante do sector público ou privado, e especialmente enfocado a perfís: peritos informáticos, responsables de seguridade TIC, persoal das oficinas de seguridade, auditores internos ou externos, consultores, avogados e profesionais interesados en adquirir coñecementos en análise de evidencias dixitais.
A apertura das inscricións comezou o venres, día 2 de maio, e poden facerse a través de Eventbrite. Haberá códigos de descontos para os precolexiados e colexiados de Enxeñaría Técnica e Enxeñaría en Informática que se poden consultar na web, cos que poderán acceder de xeito gratuíto.
O curso celebrarase de xeito intensivo durante o venres, día 6 de xuño e o sábado, 7 na Sala 9 do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A formación estará a cargo de docentes e profesionais no campo xurídico e tecnolóxico entres os que se atopan o socio-manager en Pintos & Salgado Avogados, Vítor Salgado, o perito e socio de 3inLab Informática Forense, Carlos Vila e o colexiado e membro da xunta de goberno do CPETIG, Juan Luís Miguéns.
Os principais obxectivos de formación serán coñecer o marco xurídico sobre o que se sustenta o labor do perito, coñecer as técnicas necesarias para adquirir e preservar evidencias dixitais, afondar nos conceptos teóricos en que se basea unha análise forense, adquirir os coñecementos necesarios para a análise das evidencias contidas en medios dixitais, saber como redactar un informe pericial baseado na análise forense das evidencias dixitais, saber como redactar un informe contrapericial, saber como expresar as conclusións alcanzadas tras unha análise forense, defensa do informe pericial e contrapericial en sede xudicial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?