Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) presenta nova web e entrega a 2ª edición dos seus premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) presenta nova web e entrega a 2ª edición dos seus premios

S. P.
Publicado: 06/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_xea1.jpgA Xunta de Empresarios de Ames (XEA) celebrou onte no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a segunda edición dos Premios XEA, coincidindo coa presentación da nova páxina web da patronal e do slogan Eu son XEA. O evento congregou a preto de cen persoas, a maioría deles socios e socias da asociación aos que tamén se uniron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e outros membros do Goberno local, así como representantes dos grupos políticos da Corporación municipal, nun acto que puxo en valor o tecido empresarial do municipio.
premios_xea2.jpgO acto arrancou coa presentación da nova imaxe corporativa de XEA, un corazón azul que recolle a idea do noso, do galego e do corazón que cada comerciante pon no seu negocio para sacalo adiante, mais tamén o corazón co que o cliente se achega ao seu veciños e veciña para comprar con confianza. Co lema Eu son XEA poténciase a individualidade do “Eu” máis a pertenza a unha asociación que ano tras ano vai sumando socios e campañas apostando polo comercio de proximidade e servindo de axuda no seu día a día aos locais e establecementos adheridos, que hoxe xa supera os 100 socios.
premios_xea8.jpgAdemais, tamén se presentou a nova web da asociación que busca ser escaparate e dar visibilidade aos socios e socias: www.xuntanzadeempresariosdeames.gal.
Durante a gala, entregáronse os Premios XEA, un recoñecemento que suma así a segunda edición e que é froito da votación entre socios e socias. Unha votación na que se valora a innovación, a traxectoria, a súa dedicación na localidade (facer cidade), a creatividade e a implicación cos veciños, veciñas e demais socios.
Premio Comercio: Librería Bandini (Bertamiráns).
Premio Servizos: Bj Trainers (Bertamiráns).
Premio Hostalería: O Transistor (Bertamiráns).
Premio Beleza e Benestar: Fátima Prego Estilistas (Milladoiro).
Premio Especial (Outorgado por XEA, non é resultado de votación): Don Budi Bar, que celebra o seu 25 aniversario neste 2025.
premios_xea3.jpgAdemais dos premios, creados por Pousada Láser, o acto estivo marcado pola convivencia, a música en directo do grupo Minguante, e a degustación de petiscos, a cargo da cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro, que acompañaron unha noite de orgullo empresarial e compromiso comunitario.
A II edición dos Premios XEA reúne preto de 100 persoas nun acto de celebración empresarial en Ames.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?