Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan ÚNICO permitiu levar a Rede ultrarrápida a case un milleiro de empresas e fogares de Boiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan ÚNICO permitiu levar a Rede ultrarrápida a case un milleiro de empresas e fogares de Boiro

S. P.
Publicado: 06/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

maria_rivas_5g_boiro.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, avanzou en Boiro que o Goberno segue traballando para achegar a 5G a toda a poboación da provincia da Coruña, profundando no seu compromiso co medio rural mediante as distintas actuacións consideradas no Programa ÚNICO Banda Larga.
Este plan, dixo, beneficia á provincia desde o 2021 coas súas sucesivas edicións ata a do pasado 2024, do mesmo xeito que ás diferentes parroquias de Boiro. Faino, recordou, a través da empresa adxudicataria Rede Aberta, que conta co investimento do Ministerio para a Transición Dixital e da Función Pública.
A subdelegada, xunto ao alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o responsable da empresa adxudicataria, Óscar Barreiro Casal, analizou polo miúdo o impacto deste plan para a cidadanía no concello do Barbanza.
María Rivas destacou que o Goberno, mediante axudas como esta, aposta por un rural vivo e con futuro, analizando as carencias do rural coruñés e resolvéndoas. “Buscamos que os pequenos concellos atraian poboación, e para chegar a esa meta traballamos con accións como esta, co foco posto en non deixar a ninguén atrás e avanzando cara unha sociedade máis xusta e adaptada ao progreso”, incidiu.
A subdelegada fixo fincapé no avance do Programa ÚNICO en Boiro, onde 914 familias e empresas xa contan con conexión da máis alta velocidade. “Trátase dun traballo minucioso, que agora lévase a cabo referencia catastral a referencia catastral, e que grazas a este esforzo e constancia vai traer grandes beneficios á cidadanía deste concello”, destacou María Rivas, quen analizou na reunión o grao de execución dos diferentes programas de extensión de banda larga.
A subdelegada aproveitou para lembrar á poboación que pode solicitar o seu acceso a Internet mediante os sistemas vía satélite, habilitados nas zonas onde non chega a conexión doutra maneira e que garanten unha conexión á rede fiable e segura. “Este servizo, que forma parte de ÚNICO, garante a cohesión territorial a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno”, destacou María Rivas, que aproveitou para pór en valor o traballo de campo concello a concello, co que se detectan as carencias para garantir unha actuación precisa das diferentes administracións.
A través dunha actuación comezada no 2021, na provincia da Coruña ascenden a 71.300 as familias e empresas con acceso a Internet da máis alta velocidade no rural. Estas cifras son froito dun investimento de máis de 22,3 millóns de euros do Goberno a través do Plan de Recuperación, que se completan con outros 16 millóns que achegan as empresas instaladoras. En total, o Goberno leva destinados 134 millóns de euros á dixitalización galega, facéndoa progresar e eliminando as fendas tecnolóxicas no territorio.
O programa ÚNICO 5G Redes Activas é “unha iniciativa pioneira en Europa”, salientou Rivas, recordando que destina fondos do Plan de Recuperación para financiar equipamentos activos e a construción de torres que amplíen a despregadura da 5G con funcionalidade plena en municipios pequenos. O obxectivo é dotar de cobertura 5G a localidades nas que non existe cobertura móbil 4G de polo menos 50 Mbps en sentido descendente, e onde non está prevista que a haxa no próximos tres anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?