Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Padrón Game Party celébrase esta finde poñendo o foco no lecer tecnolóxico responsable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Padrón Game Party celébrase esta finde poñendo o foco no lecer tecnolóxico responsable

S. P.
Publicado: 07/05/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

cartel_game_party.jpgO Concello de Padrón celebra o sábado 10 e o domingo 11 de maio a Padrón Game Party, un evento participativo e creativo de lecer tecnolóxico xuvenil cunha marcada perspectiva social, igualitaria e inclusiva. A cita desenvolverase no Pavillón do Souto, con acceso libre e gratuíto.
Ao longo da fin de semana as persoas asistentes poderán participar en torneos de League of Legends, Tekken 8, Street Fighter 6, Smash Bros, Mario Kart 8 ou Fortnite, así como en zonas de xogo libre con consolas de última xeración, simuladores de condución e xogos de realidade virtual como Beat Saber VR. Tamén estarán dispoñibles áreas de xogos de mesa e espazos para a creatividade, con obradoiros de cómic e de deseño de cartas Pokémon 3D, ademais de actividades orientadas ao TDAH, a igualdade e o voluntariado xuvenil.
O acto inaugural será o sábado ás 13:15 horas e contará coa presenza do alcalde de Padrón, Anxo Arca; da concelleira de Dixitalización e Novas Tecnoloxías, Laura Horta; e da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López.
A programación do sábado incluirá, ás 12:15 horas, unha conferencia-demostración a cargo da profesional da caracterización Antifta, especializada na elaboración de perrucas e postizos para cine, teatro e cosplay, cunha traxectoria que se remonta a 2016.
Xa pola tarde, na zona de obradoiros, ás 15:30 horas, a artista Belén Diz (recoñecida pola súa ilustración hiperrealista realizada con bolígrafos Bic) ofrecerá unha sesión práctica sobre técnicas de trazo, fluidez e presión aplicadas a este tipo de obra.
Pola súa banda, ás 17:30 horas, a Asociación TDAH Salnés abordará nun relatorio titulado Xogando con atención: TDAH, videoxogos e igualdade sobre o papel do lecer dixital na inclusión de persoas con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade.
A música tamén será protagonista na primeira xornada coa actuación de Freak GZM ás 16:30 horas. O grupo interpretará versións en directo de bandas sonoras de películas, series, animes e videoxogos, creando unha experiencia sonora inmersiva.
Outro dos momentos destacados do día será o Concurso de Cosplay, onde un xurado profesional avaliará a posta en escena, a caracterización e a confección das persoas participantes. O xurado estará composto, entre outras profesionais, por Ayumi, patronista titulada, cosplayer e fundadora da marca Nebula Needle, e pola propia Ntifta.
O domingo continúa a aposta pola creatividade e a música
O domingo 11, a programación continuará cunha aposta pola creatividade gráfica e a ilustración. Ás 12:30 horas comezará a conferencia de confección con Sayumi, patronista titulada, creadora da marca Nebula Needle e recoñecida cosplayer galega, quen compartirá o seu proceso creativo na confección e personalización de vestiario para Cosplay.
Ás 15:30 horas será a quenda das ilustradoras Marta e Meri, autoras do webcomic El Bertedero, cun obradoiro práctico de creación de tiras cómicas en catro paneis, dirixido a mozos e mozas maiores de 12 anos. Tamén pola tarde, ás 18:00 horas, Gaming Troop, entidade organizadora do evento, dirixirá o taller Crea a túa carta Pokémon 3D.
A música volverá ser protagonista o domingo pola tarde co concerto de Yell0, compositor, produtor coñecido polos seus remixes de temas de videoxogos e a súa música orixinal con influencias do jazz, o funk e a electrónica. A actuación está prevista para as 16:30 horas no escenario principal.
Referente para a mocidade
Desde o Concello de Padrón búscase consolidar a Padrón Game Party como “un referente en Galicia para a mocidade, combinando entretemento, tecnoloxía e compromiso social nun evento pensado para divertirse, aprender e participar”.
A concelleira Laura Horta salienta que “o evento deste fin de semana é un proxecto lanzado de xeito moi directo á xuventude do noso concello e da contorna, que pretende ademais sensibilizar sobre a figura feminina no xogo, a boa visibilidade do mesmo en persoas con trastornos neurodiverxentes e que, con seguridade, é un elemento de xogo como calquera outro”. Tamén pon en valor o papel fundamental do voluntariado: “Non podemos esquecer que tanto este evento como moitos outros que se celebran no concello non serían viables sen a axuda de moitos voluntarios”. Por este motivo, celebraranse durante a xornada os World Café, espazos de diálogo nos que o voluntariado xuvenil de Padrón intercambiará experiencias e ideas con outros colectivos da contorna.
A actividade está subvencionada polo Instituto de la Juventud (INJUVE) e a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) no marco da convocatoria de axudas a entidades locais 2024-2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?