Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes de Terapia Ocupacional, premiados no CITIC da UDC polos seus innovadores deseños inclusivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes de Terapia Ocupacional, premiados no CITIC da UDC polos seus innovadores deseños inclusivos

S. P.
Publicado: 07/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_premios_cit06546-1-scaled.jpgO CITIC da Universidade da Coruña acolleu este martes 6 de maio a xornada de presentación de resultados do estudo piloto do proxecto europeo Design2Freedom, coordinado pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE). Esta iniciativa fomenta metodoloxías e produtos inclusivos a través do traballo conxunto entre estudantes, persoas con diversidade funcional e profesionais de distintos ámbitos.
Durante dous meses, estudantes de primeiro curso do Grao en Terapia Ocupacional da UDC traballaron en equipos mixtos con usuarios de ASPACE Coruña e COGAMI, e coa colaboración de profesorado e alumnado de Enxeñería, Educación, Logopedia e Traballo Social, para idear solucións tecnolóxicas a desafíos cotiáns.
citic_premiados_y_publico__002_.jpg Na xornada de clausura, un xurado mixto formado por Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade do Concello da Coruña; Laura Nieto, docente e investigadora do CITIC da UDC; Jorge Liñares, usuario de ASPACE-Coruña; e Ángela Labandeira, representante de COGAMI, recoñeceu as solucións máis inclusivas e innovadoras.
O primeiro premio recaeu en O Cubilete de Joan, do que o xurado destacou o seu enfoque de deseño centrado na persoa e a maneira en que o equipo integrou as necesidades do usuario desde o inicio do proceso creativo. O traballo vira ao redor dun dispositivo personalizado proposto por Joan, de ASPACE Coruña, e o seu obxectivo principal foi deseñar un cubilete adaptado que lle permite manipular obxectos pequenos de forma máis eficiente. Durante o proceso, colaborouse con Joan e o seu contexto e expuxéronse dúas solucións con esquemas técnicos e medidas específicas, cun enfoque técnico, funcional e moi centrado nas necesidades do usuario.
citic_premios_cit06521-1-scaled.jpgO segundo galardón foi para un utensilio adaptado de cociña: unha culler con engrosador deseñada para facilitar o agarre e evitar escorregamentos. O equipo do proxecto denominado Agárrao Ben empregou técnicas como o modelado en arxila e a impresión 3D con materiais seguros para alimentación, desenvolvendo unha solución viable e práctica. O seu obxectivo principal foi crear unha ferramenta adaptada que facilite o agarre e uso de utensilios.
Estudo europeo
Design2Freedom atópase en fase piloto en tres universidades europeas: Vilniaus Kolegija – VIKO (Lituania), Technicka Univerzita v Kosiciach – TUKE (Eslovaquia) e Universidade da Coruña – UDC (España). O obxectivo do proxecto é crear unha contorna de aprendizaxe inclusiva que capacite aos futuros profesionais para desenvolver produtos e servizos realmente centrados nas persoas.
A organización do piloto na UDC estivo a cargo do grupo Talionis do CITIC, que impulsa a aplicación da I+D+i en TIC con impacto social.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?