Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa están integrados cinco concellos no proxecto Ourense Padrón On-Line
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa están integrados cinco concellos no proxecto Ourense Padrón On-Line

S. P.
Publicado: 12/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_ourense_fachada.jpgOs concellos da Arnoia, Beade, Esgos, Celanova e Os Blancos iniciaron a xestión do seu padrón de habitantes a través do novo sistema en tempo real no marco do proxecto Ourense Padrón On-Line, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola UE – Next Generation EU. Esta iniciativa liderada pola Deputación de Ourense pretende dotar á totalidade dos concellos da provincia de Ourense deste novo modelo de xestión do padrón de habitantes a data 30 de setembro de 2025.
A Deputación explicou que esta iniciativa establece dúas tarefas clave habilitar en todos os concellos: por unha banda, a implantación dun novo sistema de xestión da información territorial, que separe completamente os datos xeográficos e administrativos dos datos persoais do padrón, e pola outra o deseño do proxecto baseado no intercambio de información en tempo real, tanto entre os padróns dos municipios da provincia como entre estes e o Instituto Nacional de Estatística (INE).
A institución iniciou os traballos no mes de xaneiro de 2025 tendo prevista a súa finalización no mes de setembro de 2025. Neste contexto, na actualidade xa son 5 os concellos que se benefician deste novo sistema e prevese que ao longo dos dous próximos meses póidase implantar o sistema no 40% dos concellos da provincia de Ourense. Así mesmo, a Deputación Provincial de Ourense que inicialmente só contemplaba a implantación do novo sistema nos 91 concellos da provincia de Ourense con menos de 20.000 habitantes, incorporou tamén ao Concello de Ourense que tamén se verá beneficiado da subvención alcanzada por parte da Deputación.
Marcos Valiño García, responsable do proxecto por parte da Deputación de Ourense, valorou moi positivamente a evolución dos traballos: “Este feito permítenos avanzar con confianza nunha mellora estrutural da xestión padronal, aliñada cos obxectivos de dixitalización e modernización dos servizos públicos que impulsa a Deputación”.
Con este novo paso, a Deputación de Ourense consolida o seu compromiso coa transformación dixital do territorio, “dando resposta ao reto demográfico e reforzando a cohesión institucional en beneficio de todos os veciños da provincia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?