A pasada semana, o 7 e 6 de maio, Madrid acollía unha nova edición dos Open Awards Europe 2025, celebrados no marco do MetaWorld Congress 2025, uns premios que recoñecen proxectos tecnolóxicos innovadores, recibindo desta volta máis de 6.500 votos para máis de 100 propostas presentadas.
O artista pontevedrés Elohim IA foi galardoado nos Open Awards Europe 2025, sendo o terceiro ano consecutivo no que acada o recoñecemento nestes premios europeos. Nesta ocasión, Elohim IA foi finalista coa súa exposición: Realmente Cristóbal Colón descubriu América?, presentada no Liceo Casino de Pontevedra entre febreiro e abril. A mostra, que fusiona a creatividade humana co potencial da Intelixencia Artificial, achega unha perspectiva nova sobre un feito histórico transcendental a través da reinterpretación de retratos, esculturas e moedas antigas xeradas con IA.
Na categoría de Innovación Aberta, onde Elohim IA resultou finalista, recoñeceuse a súa capacidade para rachar esquemas e empregar a tecnoloxía de punta para explorar novas narrativas e conectar co público de xeitos inexplorados. O gañador nesta categoría foi Enigma de Lechazo y Pisuerga, con Art Gonouch tamén como finalista.
Elohim IA expresou a súa profunda gratitude por este novo recoñecemento, lembrando os seus anteriores nomeamentos nos Open Awards Europe 2023-2024 polas súas exposicións no metaverso, onde explorou a evolución da pintura física a través do modelado dixital e a Intelixencia Artificial, coa exposición Big Bang (A creación do Universo).
O artista pontevedrés Elohim IA finalista nos Open Awards Europe 2025
Compartir Este Artigo

