Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A 20ª edición de Galiciencia céntrase na neurociencia e a saúde mental
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A 20ª edición de Galiciencia céntrase na neurociencia e a saúde mental

S. P.
Publicado: 13/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiciencia_4_.jpg Promover o talento innovador e emprendedor entre a mocidade é o obxectivo de Galiciencia, a maior feira científica da nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (sociedade participada pola Xunta de Galicia). Cómpre dicir que este encontro, encamiñado a alumnado de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato, dará comezo mañá e desenvolverase ao longo de tres días en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología- Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Galiciencia está de aniversario, este ano celebra o seu 20 aniversario, a xeito de repaso dicir que ao longo destas dúas décadas pasaron polo certame máis de 46.000 visitantes, presentáronse máis de 1200 proxectos e en cada edición contouse coa participación de 40 centros de toda Galicia e doutras comunidades.
Desta volta, na que tamén se pode participar en liña, Galiciencia preséntase baixo o lema: Neurociencia e saúde mental, un tema que afecta e preocupa cada vez máis ao conxunto da poboación. Con proxectos vencellados a este e outros temas van participar uns 225 rapaces e rapazas de 46 centros de toda Galicia, Euskadi, Cataluña, Andalucía e Canarias. Amais, asistirán á feira con visitas organizadas unhas 2000 persoas.
Nesta edición seleccionáronse un total de 115 proxectos. De maneira presencial concorren 50 proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP (que serán os que compitan polo premio final) e 30 de Primaria. De xeito online participan 35 propostas. As diferentes actividades, tanto presenciais como en liña, convocarán este ano a máis de 3.500 participantes.
galiciencia_3_-2.jpg Ao longo destes tres días os equipos seleccionados amosarán os seus traballos científicos nos stands da feira. Explicarán as súas propostas ao público visitante, ensinándolles os seus prototipos, experimentos e resultados. O primeiro premio está dotado con 1.000 euros para financiar a participación na maior feira científica a nivel estatal, Exporecerca, que se celebra en Barcelona. O segundo equipo clasificado recibirá 500 euros, o que lles permitirá asistir a Zientzia Azoka, a feira de ciencia que ten lugar cada ano en Bilbao. En canto ao equipo gañador do terceiro premio, este recibirá 200 euros para a compra de material científico e/ou tecnolóxico para o seu centro escolar.
Alén disto, premiarase á mellor comunicación e presentación oral, o proxecto máis innovador, a proposta co método científico e proceso de investigación mellor definido, o mellor proxecto dentro da temática Neurociencia e saúde mental, a mellor proposta de FP, así como o mellor traballo liderado por unha nena ou coa temática relacionada coa igualdade de xénero (en liña co afán de Tecnópole de promocionar o STEM feminino).
Galardoarase tamén o proxecto coa mellor valoración popular, elixido entre todos os participantes en liña.
Engadir que, como é costume, a feira complementarase con actividades que buscan achegar a ciencia e a tecnoloxía aos máis novos de xeito práctico e divertido: realizaranse obradoiros científicos, espectáculos de ciencia, concursos diversos e un programa de radio.
O xoves 15 de maio celebrarase a final do Desafío científico Atrévete coa mente. Durante os últimos meses alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia participou nunha primeira fase online que constaba de tres retos. Os finalistas enfrontaranse agora nesta derradeira fase, que será presencial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?