Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae Consultores organiza en xuño a 2ª edición do seu curso sobre a avaliación do desempeño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae Consultores organiza en xuño a 2ª edición do seu curso sobre a avaliación do desempeño

S. P.
Publicado: 13/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vitae_avaliacion_desempeno_4.jpgVitae Consultores vai organizar en xuño a segunda edición do curso A Avaliación do Desempeño: Deseño e Aplicación. A actividade, de 12 horas de duración, levarase a cabo os días 10, 11, 17 e 18 de xuño. Segundo adianta Vitae, avaliación do desempeño é o proceso destinado a determinar e comunicar aos empregados a forma en que están a desenvolver o seu traballo, e trátase dun proceso clave “na xestión de recursos humanos e nas relacións humanas dentro da organización”.
vitae_avaliacion_desempeno_3.jpg Ademais de favorecer a comunicación entre avaliador e avaliado, engaden dende Vitae, “poden permitir descubrir lagoas de información sobre os empregados, orientan a formación, melloran o desempeño e facilitan a integración no grupo de traballo, reforzan o rol de líderes e supervisores, ao mesmo tempo que poñen en marcha mecanismos de automotivación”.
A consultora tecnolóxica galega engade que o desempeño laboral inclúe gran cantidade de condutas, accións e actividades fundamentais para as organizacións que “van máis aló da execución das tarefas e funcións dun posto de traballo”. Por iso, engade Vitae, “cando falamos de desempeño, referímonos a catro dimensións do mesmo: desempeño de tarefa, contextual, organizativa e creativo-innovadora, sendo, especialmente as dúas primeiras fundamentais no desenvolvemento e aplicación dos sistemas de avaliación do desempeño nas organizacións”.
Obxectivos
vitae_avaliacion_desempeno_1.jpg -Comprender o concepto de desempeño e as súas dimensións.
-Coñecer a relevancia da avaliación do desempeño nas organizacións.
-Coñecer a importancia da comunicación no momento de implantar un sistema de avaliación do desempeño.
-Coñecer os diferentes sistemas e métodos de avaliación do desempeño.
-Aprender a deseñar un sistema de avaliación do desempeño.
-Saber aplicar un sistema de avaliación do desempeño: a avaliación.
-Aprender a levar a cabo unha entrevista de desempeño e proporcionar feedback.
vitae_avaliacion_desempeno_2.jpg A persoa encargada de impartir os contidos será Silvia Moscoso, doutora en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Psicoloxía do Traballo na Universidade de Santiago de Compostela. O seu ámbito de investigación é a Psicoloxía do Traballo e as Organizacións. Foi decana da Facultade de Relacións laborais desde o ano 2012 ata o 2023. Ten catro sexenios de investigación e un de transferencia do coñecemento. Publicou máis de cincuenta artigos en revistas de prestixio como o Journal of Personality and Social Psychology, Journal of Applied Psychology, Personnel Psychology, International Journal vos Selection and Assessment, European Journal of Work and Organizational Psychology ou o European Journal of Personality. Coautora de libros e capítulos de libros publicados en editoriais como Prentice-Hall, Edition dea Organization París, Routlege, Springer, Wiley-Blackwell, Psychology Press, Pirámide, Sainz e Torres.
Actualmente é editora asociada do Journal of Work and Organizational Psychology e membro do Editorial Board do Journal of Occupational and Organizational Psychology e do International Journal of Selection and Assessment. Membro da American Psychological Association, a Society of Industrial and Organizational Psychology e da European Associaton of Work and Organizational Psychology. É revisora ad hoc de revistas como a European Journal of Work and Organizational Psychology, Personality and Individual Differences e da Spanish Journal of Psychology.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?