Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC participou no Día da Ciencia na Rúa visualizando tecnoloxías con impacto social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC participou no Día da Ciencia na Rúa visualizando tecnoloxías con impacto social

S. P.
Publicado: 14/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_ciencia-na-rua7-1024x768.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC participou este pasado sábado, 10 de maio, nunha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, celebrada no Parque de Santa Margarita da Coruña. Durante toda a xornada, a carpa 60 converteuse nun espazo de encontro entre a ciencia, a inclusión e a cidadanía.
Pola mañá, o público puido participar nun taller de bioinformática a cargo de Lucía Martínez Rodríguez, Carlos Fernández Lozano e Diego Fernández Edreira, no que se exploraron conceptos clave desta disciplina en auxe. Tamén se presentou unha proposta de Realidade Virtual deseñada para traballar habilidades cognitivas en persoas con discapacidade intelectual, desenvolvida por Iago Fernández Garrido.
ciencia-na-rua8.jpgOutra das actividades que se realizou foi a demostración dun sistema adaptado para xogar ao videoxogo Mario Kart, no que o mando pode manexarse mediante movementos do tronco ou a cabeza, presentado por Paula de Santos Dorrego. Xunto a esta iniciativa, Jorge Rivadulla Brey mostrou o xogo personalizado Compra con-migo, pensado para facilitar a aprendizaxe no ámbito da discapacidade.
citic_ciencia-na-rua19.jpgDe forma permanente, ao longo de todo o día, os visitantes puideron interactuar con distintas demostracións como a pintura con produto de apoio para a cabeza, varios retos tecnolóxicos desenvolvidos no marco de Talentos Inclusivos (como o soprador de velas, a mesa sensorial ou un xadrez adaptado), e contidos divulgativos como pósteres sobre sensores e IA verde. Ademais, o can-robot do CITIC captou a atención de grandes e pequenos, xerando gran curiosidade.
ciencia-na-rua10.jpg Na quenda de tarde, a actividade continuou con propostas como as de Olga Zamaraeva, Alberto Muñoz Ortiz e Francisco Prado Valiño, coa actividade Pode unha máquina entender o humor, a ironía ou a poesía?, convidando a reflexionar sobre os límites da linguaxe e a Intelixencia Artificial. Paula Castro Castro e Adriana Dapena Janeiro ofreceron un obradoiro de circuítos e sensores, mentres que Daniel García González e Francisco Rey Vizoso presentaron unha introdución práctica á IA verde, enfocada no desenvolvemento tecnolóxico sostible.
ciencia-na-rua-18.jpgTamén se puido experimentar cunha aplicación de VR para a rehabilitación da man, con Andrea Caíña dos Santos, e finalizar a xornada coa experiencia inmersiva Misión Espacial Gaia, con Xabier Pérez Couto, na que, grazas a unha maqueta e lentes de VR, puidéronse explorar obxectos astronómicos estudados por esta misión da Axencia Espacial Europea.
O Día da Ciencia na Rúa está organizado por Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra EMALCSA-UDC. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Deputación da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?