Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIA presenta en Galicia o seu Cyberhub colaborativo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIA presenta en Galicia o seu Cyberhub colaborativo

S. P.
Publicado: 14/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sia_cyberhub.jpgSIA, a compañía do Grupo Indra especializada en ciberseguridade, presentou esta semana en Galicia o seu CyberHub, un ecosistema colaborativo deseñado para fomentar a evolución e a innovación en ciberseguridade en diferentes contornas de España, que adaptará a súa actividade ás principais demandas que as organizacións e principais entidades ou axentes do territorio teñan hoxe neste ámbito.
Segundo Roberto Espina, director executivo (CEO) de SIA, “o noso compromiso coa protección presente e futura das organizacións e as súas contornas vai máis aló do servizo que prestamos aos nosos clientes facendo máis segura a súa actividade; promover este tipo de iniciativas, mediante a creación de espazos de intercambio de ideas, información e traballo conxunto, é a forma máis rápida e efectiva de avanzar neste aspecto”.
Trala súa recente presentación en Euskadi, o capítulo de Galicia deste think tank iniciou este 13 de maio a súa andaina na Coruña co apoio do Centro de Ciberseguridade Industrial (CCI). Durante o encontro, organizacións de todos os sectores de actividade, principalmente, con contornas operacionais (OT – Operation Technology) ou infraestruturas críticas da comunidade e áreas próximas, e outros axentes implicados uniranse para abordar os desafíos actuais de ciberseguridade nestes ámbitos.
O cumprimento normativo, a ciberresiliencia, a xestión de riscos, ou a protección da cadea de subministro foron algunhas das cuestións que trataron os participantes na cita, “asuntos clave para lograr protexer adecuadamente os negocios e administracións públicas do territorio”, indicou Espiña.
SIA conta cun equipo de máis de 2.000 profesionais altamente especializados e unha oferta integral que dá resposta a calquera necesidade de ciberseguridade que unha organización poida ter. Ademais, conta cunha proposta específica para o ámbito OT e importantes referencias globais neste eido.
CyberHub é un punto de encontro recorrente para os seus integrantes en cada comunidade, coa finalidade de identificar os retos de ciberseguridade máis perentorias que teñan ante si, e habilitar un espazo de traballo colaborativo para dar resposta aos devanditos retos, a través da investigación, deseño e desenvolvemento conxunto de solucións innovadoras ou a mellora continua das mesmas.
A iniciativa acollerá a entidades e axentes que acheguen coñecemento e valor na resolución dos desafíos de ciberseguridade actuais e futuros: organizacións públicas e privadas, empresas tractoras, centros tecnolóxicos, expertos en ciberseguridade, fabricantes, novas firmas innovadoras (startups) e grupos de investigación neste ámbito. A compañía do Grupo Indra pretende “seguir estendendo este proxecto a outras rexións do país e convidará a unirse a todos os actores locais implicados na protección do ciberespazo para reforzar, así, a resposta fronte ás ciberameazas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?