Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre as súas portas Galiciencia coa previsión de xuntar máis de 3.500 participantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abre as súas portas Galiciencia coa previsión de xuntar máis de 3.500 participantes

S. P.
Publicado: 14/05/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

galiciencia_3_-3.jpgA feira científico-tecnolóxica Galiciencia arrincou esta mañá Parque Tecnolóxico de Galicia, a Tecnópole, co lema Neurociencia e saúde mental, e prolongarase ata o venres, coa previsión de xuntar, nas diferentes actividades programadas, máis de 3.500 participantes. Solucións á falta de atención do alumnado na aula, un taboleiro didáctico para persoas con parálise cerebral ou un sistema de carga de baterías con hidróxeno son algúns dos enxeños presentados pola mocidade científica.
Nesta edición, na que Galiciencia celebra o seu 20 aniversario, participan 115 proxectos. De Secundaria, FP e Bacharelato son 50 presenciais e 22 online; e de Primaria 30 presenciais e 13 en liña. A organización (a Tecnópole) explicou que hai propostas moi variadas e dos eidos máis diversos, “aínda que boa parte dos proxectos se centran na neurociencia e a saúde mental”. Así, a robótica sérvelle a un grupo como ferramenta para mellorar as emocións dos usuarios, outro amosa como os trucos de maxia enganan o noso cerebro, ou como as mulleres científicas tiveron que saltar obstáculos para preservar a súa saúde mental, tamén se procuran solucións ante a falta de atención do alumnado na aula, afóndase na influencia da meteoroloxía no estado de ánimo das persoas, estúdase a saúde mental nos deportistas de alto rendemento e mesmo o estrés nas formigas, entre outras ideas sorprendentes.
galiciencia_6_-3.jpgAs novas tecnoloxías son sempre protagonistas en Galiciencia. Un equipo propón unha solución intelixente para mellorar a seguridade no transporte público, dous rapaces presentan un taboleiro didáctico para axudar ás persoas con parálise cerebral, outros apostan por un sistema para detectar o TDAH nas aulas… Tamén son moitos os que botan man da Intelixencia Artificial con propósitos tan diferentes como dar a coñecer a riqueza biolóxica de Galicia ou axudar a identificar o contedor de lixo axeitado para desbotar un obxecto determinado; un equipo mesmo deseñou e adestrou unha Intelixencia Artificial propia para comparala coa humana.
Destacan propostas de impacto social como o desenvolvemento de xogos para persoas con enfermidades neurodexenerativas ou para o tratamento do déficit de atención, tamén se amosa a necesidade de visibilizar a realidade de persoas que padecen dislexia, uns rapaces crearon un dispositivo para evitar os tics da síndrome de Tourette, un equipo busca alimentos naturais con propiedades antibacterianas, outro aposta polo desenvolvemento de lambonadas con fins terapéuticos… e ata hai un semáforo pensado para reducir o nivel de ruído nas aulas.
galiciencia_4_-2.jpg En relación co medio ambiente e a sostibilidade, expóñense iniciativas como un invernadoiro que recolle a auga do orballo e a choiva para loitar contra a seca, un sistema de prevención de inundacións; o deseño de produtos como sandalias, alfombras para a ducha, fundas para o móbil… elaborados con plásticos biodegradables; un sistema de carga de baterías con hidróxeno, a xeración de electricidade sostible con auga da choiva…
Ademais do concurso de proxectos, a feira compleméntase con actividades que buscan achegar a ciencia e a tecnoloxía aos máis novos “de xeito práctico e divertido”, explicou a organización, engadindo que o alumnado de Primaria e Educación Especial está a participar en dous obradoiros diferentes: por unha banda na experiencia Ver para crer, onde a rapazada estase a mergullar no mundo das ilusións ópticas para descubrir que non sempre podemos crer o que nos din os nosos ollos; e pola outra no obradoiro Neuropróteses: do cerebro á máquina, que se pon o foco no importante papel dos exoesqueletos, cos que se consegue que os órganos executen as ordes que envía o cerebro.
Na xornada de mañá xoves, entre as 11 e as 12 horas, vaise celebrar un novo espectáculo de ciencia para alumnado de Secundaria, FP e Bacharelato. Poderá seguirse a través da canle de YouTube de Tecnópole. Ademais, terá lugar a final do desafío científico Atrévete coa mente!, no que durante os últimos meses participaron equipos desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia de xeito online.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?