Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Secretaría Xeral da Lingua porá en marcha os exames CELGA en liña este ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Secretaría Xeral da Lingua porá en marcha os exames CELGA en liña este ano

S. P.
Publicado: 14/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

celga-2.jpgA Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, informou de importantes avances no procedemento técnico para levar a cabo as probas CELGA, que acreditan o dominio do galego, a distancia e a través da Rede. A intención é poder levar a cabo este proxecto piloto para o nivel 4 despois do verán. Así o afirmou este mércores 14 de maio o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia, onde deu conta das liñas de actuación do Goberno autonómico para fomentar o uso social, o coñecemento e o prestixio da lingua.
Con respecto a ditos exames, García explicou que “Galicia será a primeira Comunidade das que contan con idioma cooficial en implantar este tipo de probas de maneira telemática”. Así, destacou, “continuamos a abrir portas de cara a potenciar a presenza do galego na sociedade con novas oportunidades para certificar as competencias na lingua, sobre todo entre as persoas que non a tiveron como lingua nai”. Deste xeito, dixo, “estes exames, que ata o de agora só son presenciais, supoñen unha boa ferramenta para afianzar o interese pola aprendizaxe do galego, apostando pola formación, tendo en conta que Galicia recibiu nos últimos cinco anos máis de 115.000 persoas chegadas de fóra da Comunidade”.
O secretario xeral tamén lembrou que a Xunta tramitou este ano máis de 2.400 matrículas para a realización dos CELGA en todos os seus niveis, “de feito, esta pasada fin de semana examináronse do nivel 4 en Santiago de Compostela 1.155 persoas, ás que se suman 224 en Ponferrada e 70 en Madrid, outros dos puntos onde se poden validar as competencias lingüísticas”.
Durante a súa intervención, Valentín García fixo fincapé na tramitación do novo decreto polo que se regula a tradución e a interpretación xurada doutras linguas para o galego e viceversa. Ao respecto, puntualizou que desde o seu departamento “estase a elaborar un novo texto, xa que os estudos universitarios derivados da implantación do Plan Boloña aconsellan unha nova regulación”. Así, segundo expuxo, nese novo decreto regularanse as probas de acceso á profesión co obxectivo de convocalas para o ano 2026, ademais da habilitación directa se se cumpren unha serie de requisitos.
Aínda no ámbito da formación, o secretario xeral da Lingua volveu incidir nos cursos de lingua e cultura galegas dirixidos á poboación procedente de fóra de Galicia e asentada na Comunidade e que están destinados “a fomentar a súa integración e inclusión efectiva, dado que aprender o idioma e o contexto do territorio de acollida é fundamental”. Neste momento, tal e como aclarou, están en trámite convenios para pór en marcha nas vindeiras semanas 46 cursos con Cáritas Federadas e con Cáritas Diocesana de Lugo, mentres se manteñen conversas con outras entidades para chegar ao maior número de poboación. A eles súmanse os cursos deseñados especificamente para certos sectores profesionais, como o da xustiza, o da sanidade e o da Administración Pública.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?