Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Max recuperará a marca HBO Max
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Max recuperará a marca HBO Max

Marcus Fernández
Publicado: 14/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hbo_max_gq62xkwxcaaigj9.jpgA plataforma de vídeo baixo demanda de Warner Bros. Discovery leva uns anos nos que non consegue estabilizar a súa imaxe marca, pois tras ter nos EE.UU. as plataformas HBO Go e HBO Now, aínda que na súa expansión internacional quedou simplemente en HBO, marca coa que chegou a España en 2016.
Os cambios corporativos dentro da Warner levaron a que en 2019 decidisen reformular a súa marca como HBO Max, para sorprender en 2023 anunciando que, tras a fusión de WarnerMedia e Discovery, a combinación das súas plataformas dixitais, HBO Max e Discovery+, recibiría como nome Max, desprendéndose dunha marca HBO, que era sinónimo de calidade, pero tamén con certos toques clásicos dos que querían afastarse para atraer a nova audiencias.
hbo_max_gq6t63awwaamihp.jpgEste último cambio de marca resultou ser un erro estrepitoso, por adoptar unha palabra xenérica con grandes problemas para ter unha presenza en liña (pasar dun nome de usuario como @hbomax a @streamonmax era claramente un retroceso), e finalmente anuncian que recuperarán a marca HBO Max o vindeiro verán, sen realizar cambios na plataforma que vaian máis aló da renovación da marca (ou sexa, que non será preciso reinstalar a aplicación nos nosos dispositivos).
hbo_max_497840959_18127841410522187_7245332874701106815_n.jpgA compañía quixo pór a venda antes da ferida, e comunicou este cambio de marca con humor nas redes sociais, con referencias a numerosos memes, facendo burla do baile de nomes antes de que o fixeran os demais, recoñecendo publicamente o grande erro anterior.
Este cambio chega hoxe porque é cando se presentan as novidades de toda a compañía para a vindeira tempada nun acto que ten lugar en Nova York. En tal presentación xa falan de HBO Max como se nada tivese acontecido, e dan conta da preparación da segunda tempada do drama médico The Pitt, da estrea no verán da serie The Know What They Did ou da chegada en 2026 dunha serie de reportaxes de investigación baixo a marca Vanity Fair, entre outras moitas novidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?