Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mar e AMTEGA completarán este ano a 2ª fase de Lonxas 4.0, cun investimento de 10 millóns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mar e AMTEGA completarán este ano a 2ª fase de Lonxas 4.0, cun investimento de 10 millóns

S. P.
Publicado: 15/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

estratexia_dixital_conselleria_mar_villares.jpgA Estratexia Galicia Dixital 2030 do Goberno galego foi un dos eixes temáticos da IV Xornada Cantábrica, que reuniu este mércores 14 de maio, na illa de San Simón, a representantes do sector pesqueiro, da cadea de distribución, das administracións públicas e a expertos científicos para abordar desafíos do presente e do futuro da pesca. A axenda foi debullada polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, quen salientou a Estratexia como folla de ruta para optimizar a rastrexabilidade e a comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros.
Este recurso, que ten como base a innovación dixital para a potenciación do mar e a mellora da competitividade do sector, contribuirá, segundo destacou Villares, “ao desenvolvemento dunha actividade máis sostible, que lle dea prioridade á seguridade e á calidade alimentaria, ao tempo que facilita a cohesión territorial”. Salientou que a Estratexia promove unha canle de venta dixital segura que “serve de impulso ao comercio de proximidade e facilita o acceso dos produtos galegos a outros mercados”.
Indicou tamén que a Administración autonómica completará este ano a implantación da segunda fase do programa de modernización tecnolóxica da comercialización e xestión nas lonxas e confrarías de pescadores. Trátase do programa Lonxas 4.0, Iniciativa que forma parte do proxecto Primare Mar, promovido polo departamento que dirixe Villares e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e que supón un investimento de 10 millóns de euros.
Na xornada abordáronse outras temáticas como a interacción con especies protexida, a rastrexabilidade dos produtos pesqueiros e a información ao consumidor, e os retos de comercialización do sector.
O encontro enmarcouse no Plan de Produción e Comercialización 2025 da Organización de Produtores da Pesca e da Acuicultura (OPP) e as Organizacións interprofesionais do Cantábrico e que conta coa apoio económico da Consellería do Mar, a través dos Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?