Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes do IES Mosteirón de Sada visitan o CITIC e o CITEEC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes do IES Mosteirón de Sada visitan o CITIC e o CITEEC

S. P.
Publicado: 15/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ies_mosteiron_sada_visita-4-scaled.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este martes 13 de maio a visita de 32 estudantes do IES Mosteirón de Sada.
O alumnado puido coñecer de primeira man as capacidades tecnolóxicas do centro a través dun percorrido guiado polas súas instalacións máis punteiras. A visita dividiuse en dous grupos para que tamén puidesen visitar as instalacións do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da UDC. Durante a súa estadía no CITIC, os estudantes exploraron o Demostrador Tecnolóxico, onde se lles presentou unha variada mostra de proxectos innovadores: o detector de pólipos, o sistema de diagnóstico de ataxias, o robot humanoide NAVE, un dron utilizado para investigación, o casco de EEG e o robot educativo Robobo.
ies_mosteiron_sada_citic_visita-1-1024x683.jpgO percorrido continuou na Sala de Robótica, onde puideron interactuar con robots avanzados como os can-robot, o robot asistencial Tiago, o vehículo Summit e un brazo robótico deseñado para tarefas de precisión.
Na Sala de Realidade Virtual e Localización, os e as estudantes viviron unha experiencia inmersiva co sistema de captura de movemento Optitrack, ademais de experimentar con luvas táctiles e tecnoloxías de Realidade Virtual.
A visita tamén incluíu unha parada no Centro de Procesado de Datos (CPD), elemento clave para o procesamento de grandes volumes de información, e na Sala OitoBits, espazo dedicado á creatividade e a divulgación dixital.
Con esta actividade, o CITIC reafirma o seu compromiso coa divulgación científica e o fomento das vocacións tecnolóxicas, achegando ao alumnado aos desafíos actuais no eido da investigación e a innovación. Este tipo de iniciativas “buscan inspirar ás novas xeracións e fomentar o seu interese pola ciencia e a tecnoloxía desde idades temperás”, explicaron fontes do CITIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?