Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: María Rivas entrega os carnés de ciberexpert@s a un centenar de rapaces de tres centros coruñeses
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

María Rivas entrega os carnés de ciberexpert@s a un centenar de rapaces de tres centros coruñeses

S. P.
Publicado: 15/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maria_rivas_ciberexpertos-2.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este xoves 15 de maio tres centros coruñeses: IES Manuel Murguía, CEIP Salgado Torres e CEIP Ramón de la Sagra. Durante a súa estadía nos centros, entregou os carnés de ciberexpert@s aos alumnos (un centenar) que participaron nas actividades de formación tecnolóxica e seguridade dixital organizadas polo Goberno e impartidas pola Policía Nacional. Tamén puxo o foco na importancia de fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías.
“Iniciativas como esta son clave para a formación dos menores na web, dándolles ferramentas e aportándolles unha visión positiva no uso seguro de Internet e visualizando, con exemplos reais, os riscos e problemas que se poden atopar na rede”, explicou a subdelegada durante a súa intervención.
O alumnado dos tres centros foi acreditado con este distintivo tras superar as actividades formativas en ciberseguridade incluídas no Plan Director e impartidas pola Policía Nacional para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. “A clave deste programa conta con tres obxectivos fundamentais: sensibilizar, concienciar e formar ao alumnado, tanto sobre os riscos como sobre as ferramentas das que dispoñen para protexerse ante estes perigos”, explicou Rivas.
Nese sentido, a subdelegada, felicitou o traballo conxunto entre os centros e a Policía Nacional, encargada de impartir as diferentes charlas aos nenos e nenas. Tamén se dirixiu ao alumnado e aplaudiu a súa implicación nesta actividade: “A vosa participación e interese contribúe a crear unha comunidade educativa máis segura e consciente dos retos do mundo dixital”.
Formación Programa Ciberexpert@s
Este programa inclúese dentro do Plan Director, unha iniciativa do Ministerio do Interior co que se pretende prever calquera risco que afecte a seguridade e ao benestar dos e das menores, tanto na escola como na súa contorna. No programa Ciberexpert@s inclúense diversas actividades nas que os alumnos e alumnas aprenden a navegar dunha forma segura nas redes sociais. A Policía Nacional encárgase de formalos nos ámbitos do ciberacoso, o grooming, a suplantación de identidade ou as tecnoadicións, entre outras cuestións. En definitiva: explícanlles como minimizar os riscos cos que se atopan no uso diario das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).
Ademais, as actividades tamén van dirixidas á súa contorna familiar facilitándolles ferramentas para facer un uso responsable das redes sociais e unha navegación segura a través de Internet. Unha vez que o alumnado supera un test final recibe os carnés de ciberexpert@s impresos na Fábrica de Moeda e Timbre e, por tanto, imposible de falsificar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?