Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galiciencia celebrou a final do desafío científico Atrévete coa mente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galiciencia celebrou a final do desafío científico Atrévete coa mente

S. P.
Publicado: 15/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galiciencia_desafio_ganadores.jpgA 20ª edición da feira científica Galiciencia, organizada polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), segue adiante (ata este venres) con demostracións, actividades de divulgación, desafíos e premios. Na xornada deste xoves 15 de maio celebrouse a final do desafío científico Atrévete coa mente!, no que durante os últimos meses participou alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia de xeito online. Ao longo deste tempo propúxoselles explorar a mente humana co fin de coñecer a importancia da neurociencia para poder entender e mellorar a nosa saúde mental.
Sumáronse a esta aventura un total de 404 equipos, integrados por 1056 rapaces e rapazas de 48 centros educativos diferentes. Os que conseguiron pasar os tres retos da fase online enfrontáronse esta mañá nunha final presencial.
O gañador na categoría de Primaria foi o equipo Jimar, integrado por Martín Gil, Jimena Martínez e Ana Fernández, do Colexio Santo Ángel de Ourense.
Na categoría de primeiro a terceiro de Secundaria gañou o equipo Red Cajal, formado por Julia Villar, Juan Andrés Fernández e Santiago González, do Colexio Santo Ángel de Ourense; e de cuarto de Secundaria a Bacharelato os vencedores foron Sabela e Katia, do que forman parte Sabela Osorio e Katia Rodríguez, do IES Xunqueira de Pontevedra.
Entre as actividades que se están a desenvolver no marco da feira, o alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP está a participar nun xogo destinado a sensibilizar á mocidade sobre a saúde mental, promovendo a información e rompendo prexuízos en relación á mesma.
Ademais, a rapazada está a participar nun obradoiro no que se afonda no funcionamento do cerebro para aprender a coidalo, de cara a gozar dunha boa saúde mental. Nesta liña, coñecen como afectan as redes sociais á saúde mental na adolescencia, como os videoxogos poden causar adicción, que pasa no noso cerebro cando realizamos apostas en liña. Tamén descubren a importancia do sono durante a adolescencia, como o consumo de alcol afecta ao noso sistema nervioso, por que as drogas son aditivas, por que facer exercicio axuda ao noso rendemento intelectual… e mesmo achéganse a novas realidades como o caso do neurodoping.
Espectáculo de ciencia
galiciencia1-15.jpg Na mañá deste xoves 15 desenvolveuse un novo espectáculo científico, que os centros educativos galegos puideron seguir tamén en liña. O propósito desta experiencia é que os máis novos descubran que a ciencia pode ser atractiva e divertida para todos. Baixo o título O cerebro: unha máquina extraordinaria, os participantes somerxéronse nunha serie de experimentos que lles permitiron probar alimentos de sabores misteriosos, puideron observar as ondas cerebrais e descubriron a fascinante neurociencia que se agocha tras sentimentos como o amor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?