Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo acolle a estrea do videopodcast Somos Acubillo, un xeito de visibilizar a desigualdade social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo acolle a estrea do videopodcast Somos Acubillo, un xeito de visibilizar a desigualdade social

S. P.
Publicado: 16/05/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

videopodcast_somos_acubillo.jpgA pegada da desigualdade social na vida das persoas é evidente, así se amosou onte na estrea do videopodcast Somos Acubillo que tivo lugar en Vigo. Sinalar que este proxecto está deseñado por Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), en colaboración con Provivienda, que conta coa colaboración de Fundación a Caixa a través da convocatoria de proxectos sociais Galicia 2024.
Un centenar de persoas puideron ver este videopodcast no que se reflicten os atrancos aos que se ven expostas tanto persoas galegas como migrantes, temas como: o acceso á vivenda, a falta de oportunidades laborais e a falta de empatía nos procesos burocráticos poden verse xa na rede a través desta creación audiovisual.
As e os creadores e protagonistas de Somos Acubillo foron tamén os encargados de presentalo, nun evento moi emotivo. Yasseyda foi a encargada de falar de como o grupo, no que se mesturan vigueses e emigrantes que non se coñecían ao comezo do proceso, foise convertendo en “un espazo seguro”, onde “dar renda solta á nosa creatividade e ás nosas emocións”. Euro lembrou as primeiras sesións formativas, cando “a maioría de nós nunca usaramos unha cámara”. E explicou como a aprendizaxe técnica foise mesturando, ao longo dos meses, co coñecemento grupal e a toma de decisións. Rosbelys debullou o proceso que levou á elección do tema que querían tratar e da feitura que desexaban darlle, a dun videopodcast. “Antes de Acubillo”, recoñeceu, “algunhas persoas crían que só elas sufrían o peso das etiquetas. Por estranxeiro, por cor, por identidade ou orientación sexual. Sen ser conscientes de que hai aspectos que nos afectan a todos e a todas”. Compartindo algunhas das situacións que viviran cada un dos e as protagonistas, chegaron á conclusión de que había un eixo transversal en todas elas: a desigualdade social. E, dentro dela, todos viviran experiencias relacionadas coa dificultade para atopar un fogar, a escaseza de oportunidades laborais, o obstáculo que supón a burocracia e o impacto de todo isto na saúde mental.
somos_acubillo.jpg Sobre a vivenda falou Mahyreth, que subliñou o impacto que teñen o aumento dos pisos turísticos e dos prezos do alugueiro no acceso a este dereito, recoñecido como tal pola Constitución Española. “Algunhas familias vense abocadas á rúa ou habitar infravivendas e outras a compartir casa con outras familias”, lamentou Marhyeth, “con todo o que a convivencia conleva”. “A vivenda é o refuxio da nosa familia, o espazo seguro no que descansamos e convivimos”, apuntou. “Sen vivenda, non hai felicidade, non hai paz… e non hai traballo que nos permita saír desta situación”.
Belén foi a encargada de expoñer a problemática da falta de oportunidades laborais. Falta de papeis, de experiencia documentada ou da idade axeitada… “Sempre falta algo”, resumiu con sorna esta veciña de Vigo. “Cando queres traballar e ser produtivo e ninguén che dá unha primeira oportunidade, é coma se se pechasen todas as portas”, lamentou. “Necesitas que alguén che dea a oportunidade de entrar, que alguén abra a primeira porta”, insistiu, “e esa primeira porta pode ser unha entrevista de traballo ou unha cita burocrática”.
De burocracia falou Rosa Esther, que reclamou que se simplifiquen os procedementos, mellórense os servizos telemáticos e impleméntese “un enfoque máis humano e accesible” na administración. “Só a través dunha xestión pública eficiente e inclusiva poderase garantir o dereito de todas as persoas a relacionarse coa administración en condicións de igualdade, dignidade e respecto”, concluíu. A desigualdade social que denuncia Somos Acubillo impacta gravemente na saúde mental das persoas que as sofren. “E as pastillas non solucionan a falta de autoestima, o medo, a falta de paz”, asegura Mahyreth.


O videopodcast

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?