Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP celebra as Letras Galegas cunha homenaxe ás cantareiras e cunha aposta polo galego nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP celebra as Letras Galegas cunha homenaxe ás cantareiras e cunha aposta polo galego nas TIC

S. P.
Publicado: 16/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

egap_letras_galegas.jpgA Escola Galega de Administración Pública celebrou este venres 16 de maio o acto de conmemoración do Día das Letras Galegas cunha homenaxe ao legado cultural das cantareiras e á poesía popular, no que participaron o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos. Ademais da homenaxe ás cantareiras, fíxose un repaso pola folla de ruta do galego no ámbito tecnolóxico, dous ámbitos (lingua e ferramentas dixitais) cuxa celebración conflúe significativamente cada 17 de maio (no que tamén se celebra o Día de Internet).
“Rendemos tributo a Adolfina e Rosa Casás, a Eva Castiñeira e ás Pandereteiras de Mens, Manuela Lema Villar e as irmáns Prudencia e Asunción Garrido Ameijende. Elas fixeron da música un acto de identidade a través do cal crear comunidade. As nosas cantareiras, tocadoras e bailadoras ergueron a súa voz para dignificar a nosa propia identidade. Grazas a súa voz, o galego non deixou de escoitarse pasando de xeración en xeración”, destacou o conselleiro de Facenda, poñendo en valor o seu legado cultural e o seu papel na conservación do galego ao longo da historia.
Corgos aproveitou a súa intervención para resaltar e agradecer o compromiso da Escola Galega de Administración Pública coa difusión e o fomento do emprego da lingua galega. Deste xeito lembrou que, ao longo de todo este ano, a EGAP ten programadas preto de 50 actividades para favorecer o uso da lingua galega, das que se beneficiarán máis de 1.600 persoas, que poderán participar nas máis de 3.100 horas de formación.
O conselleiro de Facenda puxo o foco “no salto vertixinoso que, tanto a nivel de coñecemento, como de desenvolvemento e de preservación do noso idioma, se ten dado” e incidiu “na necesidade de traballar todos xuntos a prol do galego, desde a concordia e a liberdade”.
Nesta liña, destacou obxectivos como o de seguir avanzando no desenvolvemento do Proxecto Nós de Intelixencia Artificial para garantir a presenza da lingua galega no eido tecnolóxico; impulsar o uso do galego no tecido socioeconómico da man dos profesionais, colectivos e empresas vinculadas á industria e ao comercio; ou favorecer a creación de produtos tecnolóxicos destinados ao público infantil e xuvenil que favorezan o contacto coa lingua desde idades temperás.
Pola súa banda, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, sinalou que as pandeireteiras “son símbolo de resistencia, apoderamento e sororidade posto que fortalecían os vencellos comunitarios do lecer colectivo inconscientes, da súa foza emocional e política, transmitindo o patrimonio cultural galego de xeración en xeración”.
Durante a xornada conmemorativa leváronse a cabo diversas actividades para dar a coñecer o legado das cantareiras como o relatorio que impartiu a filóloga, escritora e fundadora do grupo Arredores, Icía Varela, centrado no seu libro Cantareiras: un percorrido polo legado da música e a poesía popular. A tradición das pandareteiras. As Vellas de Mens, Eva Castiñeira e Adolfina e Rosa Casás.
O acto completouse coa proxección dun vídeo homenaxe e unha actuación musical a cargo de Emilio Rúa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?