Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous traballos da UVigo, finalistas dun concurso sobre os perigos dixitais que afectan á mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous traballos da UVigo, finalistas dun concurso sobre os perigos dixitais que afectan á mocidade

S. P.
Publicado: 20/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_comunicacion_poefectomil3.jpgMáis de 800 mozos e mozas presentáronse neste 2025 á cuarta edición de Efecto Mil, un concurso promovido pola Fundación Atresmedia, coa colaboración da Fundación Telefónica, que ten como obxectivo impulsar un bo uso das redes sociais entre a mocidade e sensibilizala respecto dos “riscos dixitais” aos que enfronta no seu día a día. Aberto á participación de persoas de entre 16 e 25 anos, este certame propuña abordar estas cuestións a través de vídeos de curta duración, ideados para as redes sociais. De entre todas as propostas presentadas, a organización seleccionou dez vídeos finalistas, entre os que se atopan dous traballos realizados por estudantes da Facultade de Comunicación, centrados nos perigos da difusión de noticias falsas e da adicción ás redes sociais.
Raquel Dopazo e Enoc Fernández, con Noticias que impactan, e Nuria Sabín e Verónica Sobral, con Life Wrapped, son as e o responsable destes dous vídeos finalistas, nacidos como traballos para unha materia do Grao en Publicidade e Relacións Públicas. Segundo informaron fontes do Campus, “a súa selección permítelles tomar parte nestas semanas nun curso virtual sobre produción e difusión de vídeos en redes sociais, previo a unha fase final na que deberán tratar de converter en virais os seus vídeos”.
Nesta cuarta edición de Efecto Mil, propúñase aos participantes a creación de vídeos de ata un minuto de duración que puxesen o foco en cuestións como “os perigos dos retos virais, o acoso nas redes sociais, o discurso do odio, as noticias falsas e a adicción ás redes sociais”.
“Ser finalistas é unha oportunidade moi boa, xa que temos a sorte de estar recibindo unha formación por parte da Fundación Atresmedia para axudarnos a impulsar a difusión do noso proxecto na próxima fase do concurso”, sinalan Dopazo e Fernández. Estes dous estudantes lograron o pase final cun vídeo no que presentan unha serie de exemplos da vida cotiá, que van desde mirar a data de caducidade dos alimentos ata “comprobar se temos as chaves antes de saír”, para incidir en que se ben as persoas comproban moitas das accións que realizan no seu día a día, logo “compartimos o que vemos na rede sen pensalo”. O seu obxectivo era elaborar unha peza que convidase “a reflexionar sobre a importancia de “verificar as noticias antes de compartilas”, amosan que “unha noticia falsa pode ter tamén consecuencias reais”.
Sabín e Sobral optaron por centrarse “no que consideramos un dos riscos máis normalizados e menos cuestionados” pola mocidade, “a gran cantidade de tempo que investimos nas redes sociais, moitas veces sen ser conscientes” explican. A súa idea foi presentar este feito, desde a ironía, como “un tipo de adicción silenciosa, que se disfraza de entretemento”, inspirándose no formato de Spotify Wrapped, que ofrece un “resumo anual” da música máis escoitada por cada persoa usuaria. Deste xeito, no seu vídeo buscaron pór de relevo como “de media, pasamos 2257 horas ao ano en aplicacións como Instagram ou TikTok”, para logo presentar unha serie de exemplos “cousas que poderíamos ter feito” nese mesmo tempo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?