Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achega en xuño un curso sobre observabilidade en arquitecturas de microservizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achega en xuño un curso sobre observabilidade en arquitecturas de microservizos

S. P.
Publicado: 20/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

microservizos_vitae.jpgVitae Consultores vai organizar esta tempada unha nova actividade formativa destinada a mellorar o día a día das e dos profesionais TIC e, por extensión, das empresas do sector. Trátase do curso Observabilidade en Arquitecturas de Microservizos, que se desenvolve os días 10, 12, 17 e 19 de xuño. Terá 12 horas de formación e celebrarase con formato de aulas virtual e clases en directo con posibilidade de consultalas.
Segundo adiantan dende Vitae, as arquitecturas de microservizos presentan unha serie de desafíos diferentes aos que nos atopamos ao desenvolver sistemas monolíticos, e un destes desafíos é a observabilidadd (o11y): saber que pasa, onde e cando. Este curso pretende achegar ao alumno as solucións habituais para liquidar o problema da observabilidade, máis aló dunha tecnoloxía ou librería concreta. A través dun exemplo sinxelo con varios microservizos Rest Node.js irase construíndo unha solución de o11y, comezando cunha capa de logging distribuído á que se engadirán métricas pull con Prometheus e trazas distribuídas con Open Telemetry. “Isto”, sinalan dende Vitae, “permitiranos entender cada un destes aspectos de observabilidade, como afrontalos e ter un exemplo de solución con tecnoloxías e librerías de uso común”.
Obxectivos
microservizos_curso_vitae.jpg -Entender a necesidade e solucións de observabilidade en arquitecturas de microservizos e como afectan á depuración de erros e á optimización de rendemento.
-Saber que é o logging distribuído e como explotalo.
-Entender un sistema de métricas e como obter valor das mesmas.
-Comprender como funciona unha traza distribuída e para que vale.
O curso está dirixido a persoas esenvolvedoras que traballen con arquitecturas de microservizos ou arquitectos que deban definir estas arquitecturas e queiran coñecer que opcións hai para implantar o11y. É necesario ter un coñecemento suficiente de JavaScript e microservicios Rest para poder entender os exemplos que se verán no curso.
A persoa formadora será David Barral, enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña en 2005, é socio fundador de Trabe Solucións S.L onde realiza desde 2006 labores de desenvolvemento, consultoría e formación. Participou en múltiples proxectos para grandes empresas do sector retallista, telecomunicacións e para administracións públicas. Traballou con diferentes tecnoloxías como JavaEE ou Ruby on Rails, pero na última década especializouse no desenvolvemento con JavaScript tanto de aplicacións frontend con React como backend con node.js e arquitecturas de microservizos. No día a día desenvolve frameworks de frontend e de microservizos para que outros desenvolvedores poidan crear aplicacións e servizos de maneira sinxela. Como formador leva ensinando Java e JavaScript desde 2009 a administracións públicas como o Concello e a Universidade da Coruña, e a outras empresas TIC como Denodo, Softtek, Aldaba, Balidea ou Vector. Foi profesor en varias edicións do Master On Free Software de Igalia e colabora todos os anos co Master Universitario en Enxeñería Informática e coa Facultade de Informática da Coruña impartindo seminarios. Ademais, imparte charlas e obradoiros de Ruby on Rails, Java, Javascript e deseño e desenvolvemento de software en diferentes foros tanto a nivel local como nacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?