Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara e o Concello de Santiago colaboran en emprendemento e transformación tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara e o Concello de Santiago colaboran en emprendemento e transformación tecnolóxica

S. P.
Publicado: 20/05/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

camara_comercio_concello_santiago.jpgA Cámara de Comercio de Santiago e o Concello de Santiago, a través da Concellaría de Promoción Económica, colaboran un ano máis na posta en marcha de diferentes actividades de información e formación para fomentar o espírito emprendedor e mellorar a competitividade das empresas de Compostela. Ese é o obxectivo do convenio presentado este martes 20 de maio pola tenenta de alcaldesa, María Rozas, e a presidenta da Cámara de Comercio, María Pais. O Concello destina a este programa un orzamento de 75.000 euros.
O convenio entre a concellaría de Promoción Económica e a Cámara de Comercio está aliñado cos obxectivos da Axenda Urbana 2030 e forma parte das accións do Programa Municipal Feito en Santiago, que promove un modelo de desenvolvemento económico local baseado na identidade territorial, a sustentabilidade e a innovación.
O convenio prevé o desenvolvemento de diferentes actividades, con tres obxectivos fundamentais: fomentar a cultura e as capacidades emprendedoras, apoiar a creación de empresas, e contribuír á consolidación empresarial.
Partindo desas liñas estratéxicas, establécense cinco eixos de acción:
· Fomento da cultura emprendedora: desenvolveranse xornadas nos centros educativos para fomentar a cultura emprendedora desde idades temperás e divulgar que o autoemprego pode ser unha alternativa viable. Tamén haberá accións no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio, para que a poboación nova poida coñecer de primeira man diferentes experiencias reais de emprendemento. Prevese que máis de cen alumnos e alumnas participen nestas actividades.
· Formación das capacidades emprendedoras: serán programas formativos orientados a impulsar o emprendemento como saída profesional entre persoas desempregadas ou que procuren unha mellora profesional, con especial atención a colectivos vulnerables (mulleres, xente moza, desempregadas maiores de 45 anos…) Ao longo do ano haberá 12 accións formativas, que abranguen dende tarefas administrativas ata o uso da Intelixencia Artificial ou redes sociais, están adaptados a sectores con potencial e necesidades detectadas, co fin de potenciar a creación e consolidación de empresas viables e innovadoras.
· Programa Emprendedoras: trátase dunha liña de apoio ao emprendemento e á actividade empresarial das mulleres, que contempla o asesoramento por parte da Cámara de Comercio en todas as fases do desenvolvemento dun proxecto empresarial, desde o estudo de viabilidade ata a procura de financiamento. Ademais da atención presencial e personalizada, nesta acción inclúese o portal
Empresarias.camara.es desde onde se responde ás consultas nun tempo inferior a 48 horas. Prevese que ao longo de 2025 máis de 200 mulleres se beneficien deste servizo, que ten como obxectivo facilitar a igualdade de oportunidades e incrementar o número de empresas lideradas por mulleres.
· Coworking Dixital Compostela: céntrase na transformación dixital de emprendedores, autónomos e pemes para mellorar a súa competitividade empresarial. Deste servizo beneficiaránse máis de 150 emprendedores e empresas neste ano.
· Área de internacionalización: é un servizo de asesoramento para empresas que desexen medrar e internacionalizarse, en cuestións como a documentación necesaria, aranceis, fiscalidade, transporte internacional, feiras comerciais, ou axudas institucionais para a promoción e investimento no exterior. Nesta anualidade está previsto que case 650 empresas demanden os servizos da Camara nesta área.
A presidenta da Cámara aproveitou a presentación do convenio para dar conta dos resultados do acordo en 2024. Tal e como explicou María Pais, as xornadas de fomento do espírito emprendedor chegaron a 134 alumnos e alumnas; impartíronse 6 cursos de mellora das capacidade emprendedoras nos que participaron máis de 50 persoas, e 200 mulleres emprendedoras e empresarias requiriron o asesoramento da Cámara. Delas, déronse de alta preto de 50 novas empresas.
Os servizos de formación e asesoramento nos procesos de transformación dixital chegaron a 137 emprendedores e emprendedoras, atendéronse case 1.000 consultas na área de internacionalización, e preto de 200 persoas obtiveron apoio e asesoramento na procura de financiamento para as súas empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?