Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Centros de Empresas da Coruña favorecen a incorporación de seis novos proxectos innovadores en menos dun mes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Centros de Empresas da Coruña favorecen a incorporación de seis novos proxectos innovadores en menos dun mes

S. P.
Publicado: 21/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emprendemento_coruna.jpgO Concello da Coruña destacou a “boa acollida” dunha normativa que flexibiliza os requisitos de acceso e aposta polo apoio ao emprendemento. Trátase dunha modificación da ordenanza que regula o funcionamento dos Centros Municipais de Empresas (CME) da Coruña. Este novo regulamento, sinalou o Concello, xa propiciou que seis novas iniciativas empresariais innovadoras se incorporasen ao espazo de coworking Accede Papagaio nas últimas semanas desde a entrada en vigor da nova normativa.
Este impulso responde á aposta do Goberno de Inés Rey por “reforzar os instrumentos municipais de apoio á creación de emprego e ao emprendemento, mediante medidas que facilitan o acceso aos recursos públicos e promoven a dinamización do tecido produtivo local”.
As modificacións introducidas permiten ampliar os criterios de acceso tanto no Centro Municipal de Empresas da Grela como no espazo coworking Papagaio. A ordenanza estende a condición de nova empresa ata os cinco anos desde a alta censal e incorpora tamén a posibilidade de acceso para empresas en fase de consolidación, cunha antigüidade de entre cinco e dez anos. Ademais, amplíase o tempo máximo de permanencia nos centros ata nove anos, simplifícase o modelo de plan de empresa e elimínase a participación de entidades externas nos procesos de selección, reducindo prazos e axilizando trámites.
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, destacou que “esta resposta inicial confirma que as modificacións eran necesarias para facer máis accesibles e funcionais os recursos municipais. Os Centros Municipais de Empresas deben ser ferramentas útiles e adaptadas á realidade actual do emprendemento”.
As seis novas empresas incorporadas a ACCEDE Papagaio son:
– Balimba, dedicada á fabricación e venda en liña de bixutería.
– Product Experience Designer, especializada en deseño de conceptos e interfaces para aplicacións dixitais.
– Xabarín Eventos y Ocio, centrada na organización de campamentos e actividades de lecer.
– Beta-Lab, dedicada ao desenvolvemento de solucións de Intelixencia Artificial.
– Hui Wang, que ofrece servizos de xestoría administrativa en liña para autónomos e pemes.
– Antelo Abogado, despacho de asesoría xurídica en dereito español e portugués.
Estas iniciativas súmanse ao resto de proxectos xa aloxados nos centros municipais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?