Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector galego dos áridos avanza en dixitalización grazas aos obradoiros que ARIGAL clausurou este xoves
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector galego dos áridos avanza en dixitalización grazas aos obradoiros que ARIGAL clausurou este xoves

S. P.
Publicado: 22/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

imx_conclusions_dos_obradoiros_de_arigal.jpgA Asociación Galega de Áridos (ARIGAL) clausurou este xoves 22 de maio, na Escola Galega de Administración Pública (Santiago), os primeiros Obradoiros de Dixitalización e Innovación no Sector dos Áridos, nos que participaron empresas de toda Galicia e que contaron co apoio institucional do IGAPE e da Subdirección Xeral de Recursos Minerais. Foron, en palabras de ARIGAL, “un éxito de participación e repercusión”.
Durante as distintas sesións desenvolvidas desde novembro, tratáronse temas punteiros como a aplicación da Intelixencia Artificial na optimización das voladuras, o uso de xemelgos dixitais no procesamento de materiais, a seguridade dos datos empresariais e a planificación baseada en tecnoloxías de localización por satélite GPS.
A iniciativa, pioneira no sector no ámbito estatal, contou coa intervención de expertos recoñecidos en aprendizaxe máquina (Machine Learning) automatización industrial, modelado de explotacións e seguridade cibernética.
“Estes obradoiros pretenden marcar un punto de inflexión para o sector, reforzando a competitividade das empresas galegas e impulsando unha transición cara á sustentabilidade e á industria 4.0”, suliñou Alberto Novoa Rodríguez, presidente de ARIGAL, engadindo que con estsa actividades a Asociación Galega de Áridos reafirmou o seu compromiso co futuro da industria extractiva en Galicia e reiterando a vontade de poñerse a disposición de empresas e administracións para seguir liderando a modernización dun sector estratéxico para o desenvolvemento territorial.
imx_conclusions_dos_obradoiros_de_arigal_2_.jpgLembrou tamén que o sector dos áridos conta con 73 explotacións en Galicia que, en 2024, produciron 9,36 millóns de toneladas e xeraron 843 postos de emprego directos e 3.794 indirectos. Ademais, a facturación do ano pasado foi de 51,02 millóns de euros.
Isabel Viñas, co fundadora de Impulsa Dixital, presentou o informe de conclusións sobre os obradoiros que se levaron a cabo desde novembro. En total, leváronse a cabo seis obradoiros: Introdución á transformación dixital no sector dos áridos, Tecnoloxías GPS e introdución a Xemelgos Dixitais, Drons e GPS no sector dos áridos, Intelixencia Artificial no sector dos áridos, Tecnoloxías en equipos mineiros e A importancia da ciberseguridade e o control de datos.
ARIGAL ostentará a presidencia da Federación de Áridos (patronal nacional do sector) que organizará entre o 22 e o 24 de outubro o VII Congreso Nacional en Córdoba.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?