Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Zona Franca distingue a excelencia das empresas galegas na gala dos 6º Premios Ardán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Zona Franca distingue a excelencia das empresas galegas na gala dos 6º Premios Ardán

S. P.
Publicado: 23/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_ardan_zona_franca_vigo.jpgO Auditorio do Pazo de Congresos Mar de Vigo acolleu este 22 de maio a gala dos sextos Premios Ardán que, un ano máis, organizou a Zona Franca de Vigo e á que se sumaron máis de 450 persoas en representación da vida empresarial, económica, política e social de Galicia.
Nun evento conducido pola actriz e creadora Alejandra Martínez de Miguel, a viguesa Roeirasa, con 6 indicadores Ardán, liderou a clasificación das empresas galardoadas xunto á Compañía Española de Algas Mariñas e Hermasa, tamén da área de Vigo; Aluman Sistemas, Igalia e Torus Software Solutions, da provincia da Coruña; e Cuvida, de San Cibrao das Viñas.
Ademais, a velada aplaudiu o Premio Especial á Traxectoria Empresarial a Stellantis como referente na economía e motor industrial do sur de Galicia, ademais de contribuír á fixación de poboación, o desenvolvemento e o benestar social na área de Vigo.
O delegado Especial do Estado na Zona Franca, David Regades, felicitou ás empresas galardoadas e sinalou que “o que estas compañías lograron non é nada fácil con criterios tan rigorosos como os que teñen estes premios. Analizáronse 45.000 empresas galegas e só o 3% conseguiron indicadores”. O delegado do Estado, que defendeu “esta Galicia real, a que fabrica coches eléctricos e conectados, a que fai satélites, a Galicia tecnolóxica, a dos semiconductores fotónicos ou os novos sectores industriais e que está á vangarda do mundo. En definitiva, a Galicia da economía”. Regades aplaudiu o traballo e o talento do tecido empresarial, as institucións e a cidadanía, “porque estamos no camiño correcto, xerando valor engadido e apostando pola calidade do emprego. Seguimos avanzando, dixo, e os proxectos que veñen son moi ilusionantes”. Neste sentido, lembrou que a Zona Franca poderá poñer xa este ano a primeira pedra da factoría de semiconductores fotónicos e poderá sacar xa a licitación o HUB TIC de López Mora.
premios_ardan-2.jpgO delegado tamén se detivo “nunha especial felicitación para un xigante como é Stellantis, que ao longo dos anos supuxo unha motor clave para o crecemento de Vigo e que é quen xera o 21% da economía da cidade e o 12% do emprego en toda a súa comarca. Este Premio Especial tamén é un recoñecemento a todos os seus traballadores e traballadoras da planta máis produtiva de Europa”.
Precisamente, o director xeneral de Stellantis Vigo, foi quen recolleu a distinción de mans de David Regades e do alcalde Abel Caballero. José Luis Alonso Mosquera puxo en valor que “Stellantis e o sector de automoción en Galicia funcionamos cun modelo cooperativo moi eficaz, ao que contribúen as administracións públicas nun exitoso marco de colaboración público-privada”.
Na súa intervención, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou a Stellantis polo seu recoñecemento, así como ás empresas premiadas este ano. O alcalde tamén se referiu á importancia do traballo que fai Ardán: “É unha guía insubstituible para o coñecemento e utilización de todas as empresas de Galicia”.
O evento contou, ademais, co coloquio conducido por Ana Fuentes que, coa presenza de expertas como Silvia Leal e Tati Ballesteros, e o director executivo (CEO) de Alén Space, Guillermo Lamelas, centrouse na era dixital, os novos sectores tecnolóxicos, a xestión do talento e o liderado empresarial.
A gala puxo o punto final cun concerto íntimo da cantautora Paula Mattheus.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?