Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O salón Lérez Up regresa a Pontevedra os días 13 e 14 de setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O salón Lérez Up regresa a Pontevedra os días 13 e 14 de setembro

S. P.
Publicado: 23/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

lerez_up_domingo_logo-0397.jpgA cidade de Pontevedra prepárase para acoller a cuarta edición da cita Lérez Up, o salón do videoxogo e da cultura friki da cidade, que se celebrará os días 13 e 14 de setembro de 2025 no Recinto Feiral. As entidades organizadoras, o Concello de Pontevedra e Gaming Troop, adiantan que “este sevento consolidouse como un punto de encontro interxeracional para familias, mocidade e persoas adultas apaixonadas polos videoxogos, o cosplay, a cultura xaponesa e o lecer alternativo”.
Respecto do programa e dos formatos de actividades, a Lérez Up regresa con novas propostas como obradoiros, charlas, competicións e espazos pensados para todo tipo de públicos, e faino acompañada dun cartel moi especial deseñado pola artista pontevedresa Paula Cheshire, creadora dos cómics Meigatas e El Duelo. A ilustración, que xa se pode ver nas redes sociais do evento, inclúe pequenos adiantos, a xeito de chiscadelas, do que se poderá atopar ao longo desa fin de semana.
Entre as actividades xa confirmadas para este 2025, destaca o torneo nacional de Smash Bros Ultimate, cuxas inscricións xa están abertas. Esta competición, que se converteu nun clásico dentro do salón, logrou atraer en edicións anteriores a xogadores de toda España e Portugal. Dende a organización do evento Lérez Up agardan repetir ese nivel de participación nesta nova convocatoria, “consolidando o torneo como unha das propostas máis esperadas por todos os competidores”.
lerez_up_cartel_2025_feed-2.jpgAmais, abriranse prazas para os stands de artistas, un dos espazos máis concorridos do salón Lérez Up. “Dirixido a ilustradores, artesáns e creadores que desexen mostrar e vender o seu traballo, este espazo xerou un enorme interese en convocatorias anteriores, chegando a triplicar a cantidade de solicitudes respecto ás mesas dispoñibles”, sinalan os organizadores, engadindo que as bases para solicitar mesa xa están publicadas na páxina web oficial do evento.
Ademais dos espazos para artistas, haberá tamén unha zona destinada a postos comerciais, onde empresas e negocios locais poderán ofrecer os seus produtos ao público. Esta área comercial fornece ás persoas asistentes dunha oportunidade para conectar cun público amplo e consolidado en edicións anteriores.
Polo que se refire ao concurso de cosplay, contará cun xurado profesional de excepción. Skullcaramel, recoñecida cosplayer asturiana, e a madrileña Puchiluh, serán as encargadas de valorar as caracterizacións e actuacións das persoas participantes. A cita volverá encher o salón de actos con máis de 300 persoas para admirar os traxes feitos a man e as interpretacións en escena.
lerez_up_sabado_logo-0297.jpgEntre as actuacións destacadas, o compositor e produtor galego Yell0 volverá subirse ao escenario do salón Lérez Up cun novo concerto en directo.
A súa proposta, que segundo lembran dende a organización “xa foi un éxito en edicións anteriores”, combina música electrónica con reinterpretacións de bandas sonoras de videoxogos, ofrecendo un espectáculo pensado tanto para o público máis afeccionado como para quen busca unha experiencia diferente dentro do salón.
A programación deste 2025 volverá incluír unha zona indie dedicada a estudos e desenvolvedores de videoxogos independentes. Este espazo permitirá aos equipos presentar os seus proxectos ao público asistente, recibir opinións, xerar comunidade e establecer contactos con outros profesionais do sector.
“A nova edición do salón Lérez Up, prevista para os días 13 e 14 de setembro, promete ser unha oportunidade única para gozar dunha fin de semana chea de actividades, sorpresas e un ambiente para todas as idades no Recinto Feiral de Pontevedra”, sinalan os impulsores do evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA 6 bate en España o récord histórico de lanzamentos físicos de videoxogos, malia venderse sen disco

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI non consegue zafarse da piratería en PS5

26/11/2026
VIDEOXOGOS

O videoxogo galego Portalén poderá probarse na feira Culturgal

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Camino Kaput chega a Android e iOS antes de presentarse no Culturgal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?