Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae fórmanos en xuño nas metodoloxías de desenvolvemento seguro ante ciberataques
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae fórmanos en xuño nas metodoloxías de desenvolvemento seguro ante ciberataques

S. P.
Publicado: 27/05/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

vitae_desenvolvemento_seguro_ante_ciberataques.jpgA Rede ten moitas luces pero tamén ten sombras. Cómpre empregar as ferramentas informáticas con confianza pero empregando tamén, como usamos na vida offline, recursos de prevención de riscos e metodoloxías que garantan a protección desexada. Para axudarnos neste punto, a consultora galega Vitae convocou a terceira edición do Curso Desenvolvemento Seguro ante Ciberataques, de seis horas de duración e impartido polo experto Daniel García. Levarase a cabo en formato de aula virtual, con clases en directo recuperables, os días 25 e 26 de xuño.
O curso convídanos a facer as cousas con calma e aplicar o principio básico de todo desenvolvemento tecnolóxico: testear.
desenvolvemento_seguro_ante_ciberataques_2_vitae.jpg“Cando un desenvolvedor escribe código con présas, e sen seguridade en mente, poden acontecer cousas coma a que lle ocorreu ao enxeñeiro de software que lanzou un venres un pequeno axuste no código dunha API bancaria, e o luns, cando chegou á oficina, a empresa levaba perdidos 400.000 euros”, sinalan dende Vitae, lembrándonos que “fallos de seguridade coma o devandito poden evitarse se os desenvolvedores invisten 10 minutos máis en revisar o código… Só dez minutos abondarían”. Trátase, sinalan, dun tipo de erros que non é raro, e “ocorren acotío”, sobre todo cando os desenvolvedores, que adoitan facer moi ben o seu traballo específico, non se centran como deberan en aplicar un mínimo de seguridade.
Este curso achega unha formación específica sobre seguridade en desenvolvemento enfocada directamente a evitar eses erros que converten un pequeno fallo de código “nun auténtico pesadelo financeiro, legal ou reputacional”, sinalan dende Vitae.
A formación están dirixida a “desenvolvedores que non queren protagonizar a próxima gran data de seguridade”, ou “responsables de equipo que desexen durmir profundamente sabendo que o seu código é seguro”. Tamén, recorda Vitae, “é un curso acaído para profesionais técnicos aos que lles importe máis a súa reputación que cruzar os dedos e esperar que todo saia ben”.

Contidos
  • Algúns contidos
  • O formador

Algúns contidos

vitae_desenvolvemento_seguro_ante_ciberataques_3.jpg Inxeccións
Mostrarase por que deixar que un usuario introduza texto sen comprobar é como convidalo a entrar ao noso servidor.
Aprenderase a bloquear isto en menos de 5 minutos.
Autenticación e xestión de contrasinais
Mostrarase como gardar contrasinais sen protección real pode ser o fin da nosa empresa.
Control de acceso básico
Aprenderase a como evitar que un usuario vexa ou modifique datos que non debería ver.
Ficheiros e información sensible
Explicarase por que gardar datos en arquivos sen protexer é como deixalos enriba dunha mesa pública, e como protexelos con métodos sinxelos que podemos aplicar hoxe mesmo.
Configuracións inseguras por defecto
Descubrirase como os axustes por defecto poden ser trampas para novatos. Porase o foco no que é preciso cambiar e porqué facelo antes de despregar a nosa aplicación.
Usar compoñentes externos sen comprobar
Mostrarase o risco de usar librerías antigas ou sen revisar.
Validación de entradas
Como protexer a nosa aplicación de datos malintencionados con métodos simples que nunca máis deixaremos pasar por alto.
Erros e fugas de información en logs
Amosaranse os riscos de dar demasiados detalles nas mensaxes de erro.
Que é CSRF e porqué importa
Aprenderase como evitar que un atacante faga peticións en nome dos usuarios sen que eles o saiban.
Como xestionar sesións sen que nolas rouben
Neste curso explicaranse os riscos aos que nos expón unha sesión mal xestionada (como
deixar as chaves na porta).
Como cifrar e protexer datos sensibles
Veranse formas sinxelas e efectivas para que ninguén poida ler información crítica aínda que entre ao noso servidor.
Protección contra ataques de forza bruta
Descubriranse técnicas doadas para impedir que alguén entre na nosa aplicación probando contrasinais sen parar ata acertar.

O formador

seguridade_ante_ciberataques_vitae_4.jpgA persoa encargada de impartir estes e outros contidos será Daniel García, que leva máis de 20 anos “dándolle guerra” ao código inseguro, ás APIs vulnerables e “a calquera cousa que cheire a problemas en ciberseguridade”. É arquitecto de Seguridade especializado en APIs REST, investigador independente e ten fundado varias iniciativas e ferramentas de seguridade que é posible que usemos acotío e non saibamos. Colaborou con multinacionais, startups, bancos, consultorías e ata en hackathons como xurado. Asesorou a empresas que manexan miles de millóns de euros en activos e, tamén, estivo detrás do código de plataformas que usan millóns de usuarios en tempo real. Usa un método é sinxelo libre de discursos teóricos, cre que a seguridade non ten por que ser nin aburrida nin complicada, senón tremendamente efectiva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?