Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O foro Un país coa súa lingua propón a creación dunha plataforma transmedia a prol do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O foro Un país coa súa lingua propón a creación dunha plataforma transmedia a prol do galego

S. P.
Publicado: 27/05/2025
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

20250527_4mesaunpaiscoasualingua-anamariaprietomartaveigacarlotacasalcarlosgarciavieito.jpgEste martes 27 de maio celebrouse a xornada Comunicación, cultura e acción exterior, coordinada por Marta Veiza Izaguirre no marco do ciclo Un país coa súa lingua, foro participativo que dirixe Dolores Vilavedra, do Consello da Cultura Galega. Na sesión abordáronse exemplos de como o galego contribúe a prestixiar e incrementar a pegada de todo tipo de iniciativas empresariais. Así, a experiencia do RC Celta, en boca de André Taboada Alonso, ou a campaña A universidade de Vigo (UVigo), a proba! da man de Benigno Sánchez salientáronse como dous modelos que apostan por esta vía.
Na sesión puxéronse enriba da mesa outras medidas concretas como accións específicas para o desenvolvemento do galego nas ferramentas de Intelixencia Artificial, mudar o modelo de axudas a medios de comunicación para que se potencie o idioma e, no exterior, que os organismos que conten con persoal apoien as actividades das redes de voluntariados que fomentan a cultura galega.
Outra das propostas nas que se puxo o foco foi a creación dunha plataforma transmedia para a difusión e posta en valor da identidade galega. “Trataríase dun proxecto que combine redes sociais, contido audiovisual, música, humor e participación cidadá, cunha marca nova, recoñecible e atractiva, especialmente pensada para conectar coa mocidade e coa sociedade actual a través da cultura e da emoción” explicou André Taboada Alonso, responsable da comunicación dixital do RC Celta de Vigo. “O Real Club Celta de Vigo demostrou que comunicar en galego con impacto, modernidade e emoción é posible” apuntou André.
20250527_4mesaunpaiscoasualingua-martaveigadoloresvilavedra.jpgNa sesión tamén se abordaron outras medidas, como replicar experiencias de pequeno formato. Entre elas o festival Presumo de Galego, explicado pola súa promotora, Carlota Casal. Esta iniciativa que se desenvolve en Melide conecta concertos nun pub da vila co instituto e cumpre xa nove edicións.
Outras son as propostas promovidas por Carlos García Vieito quen contribuíu a que X e BlueSky estean en galego. Falou da Operación Albóndega, que logrou que Ikea puxera en galego a súa publicidade e, desde hai uns meses, tamén as instrucións de montaxe.
Sobre o videopodcast Exército Mekemeke, dixo que “non é só un programa de entretemento senón unha iniciativa para crear referentes en galego”.
Por último, Ana María Prieto Rodríguez falou da Asemblea Cultural Galega de Barcelona, colectivo que mantén viva a cultura galega na capital catalá a través de actividades culturais e proxectos como a Biblioteca Sabela Labraña. “Ademais de ser unha biblioteca tradicional temos outros proxectos como un club de lectura; contacontos en galego e castelán chamado Casas e cousas; ou a iniciativa as letras galegas vivas que este ano recaeu en Margarita Ledo, entre outros” apuntou Ana.
20250527_cuartamesaforounpaiscoasualingua_fila0.jpgNo diálogo estruturado facilitado pola cooperativa Rexenerando, Senén Barro abordou o Proxecto Nós, iniciativa punteira promovida pola Universidade de Santiago de Compostela no desenvolvemento de ferramentas de IA para o galego. “Temos que estar nas máquinas” apuntou na sesión.
Pola súa banda, Andrea Villa Feijoo, do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, explicou o modelo deste festival de referencia na creación audiovisual dixital en lingua galega.
Ana González Liste en representación da Asociación de Medios en Galego e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, lembrou que “o modelo de axudas a medios de comunicación é pouco ou nada efectivo para potenciar o uso do galego”. Destacou que as porcentaxes que se piden de presenza do galego son baixas e non se chega a supervisar a incidencia real do idioma nos medios que non son totalmente en galego, que son os que reciben estas axudas na súa maioría. Indicou tamén que dende o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia “trasladouse esta cuestión en numerosas ocasións á Secretaría Xeral de Medios da Xunta, con propostas concretas tamén para que remate a discriminación aos medios 100% dixitais nestas axudas”.
Pola súa banda, Daniel Ugarte, en representación da comunidade galega en Bruxelas, achegou a visión da diáspora; e Alba Fernández Sanlés, a través de videoconferencia, representou a REGA UK, rede de galegas e galegos no Reino Unido. Comprometida coa defensa da cultura propia desde o exterior destacou que as redes e as actividades funcionan por traballo voluntario por iso “solicitamos que organismos que conten con persoal apoien as actividades da redes de voluntariados que fomentan a cultura galega”.
A sesión deste 27 de maio foi a cuarta parada do foro que arrancou en febreiro cunha mesa sobre a situación da lingua no ensino e na que se sinalaron medidas como unha iniciativa piloto que posibilite unha liña de ensino voluntaria na que o galego teña máis presenza, que se desenvolva con carácter experimental, de modo voluntario e consensuado entre todos os axentes implicados (familias e centros).
Na segunda mesa propúxose a creación de software e a dispoñibilidade de documentación xudicial en galego, ou sexa, traducir ao galego os programas de tramitación utilizados no ámbito xudicial e os formularios máis habituais.
Na terceira mesa apuntáronse propostas coma estratexias de benvida con programas de acollida transcultural, promover contidos específicos desde a CRTVG que faciliten a inmersión lingüística de maneira amena e lúdica, realizar estudos sociolingüísticos desde a perspectiva da emigración ou a creación dunha rede de puntos de encontro en galego no rural.
A seguinte xornada do foro será o xoves 27 de xuño coa mesa Economía, deporte e turismo, moderada por Jakson R. Rodrigues Soares.


Vídeo da xornada

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?