Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios Rosalía de Castro distinguen a Xosé Ramón Freixeiro, Ponte nas Ondas, CeibaRimas e Galego para Peques
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios Rosalía de Castro distinguen a Xosé Ramón Freixeiro, Ponte nas Ondas, CeibaRimas e Galego para Peques

S. P.
Publicado: 30/05/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

premios_rosalia_castro_deputacion.jpgO filólogo e catedrático emérito Xosé Ramón Freixeiro Mato, na categoría A, para persoas; a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!, na categoría B, para entidades, e os proxectos CeibaRimas e Galego para Peques, galardoados ex aequo na categoría C (a das iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade), son as catro propostas gañadoras do XVI Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación. Nun certame  ao que concorreron 32 candidaturas, estes catro gañadores recibirán un premio de 5.000€.
O xurado, presidido pola deputada de Lingua, Soledad Agra, tivo como vocais os gañadores da pasada edición: a escritora, sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro Pilar García Negro; a pedagoga Mariló Candedo Gunturiz, en representación de Nova Escola Galega, e o profesor e músico Arcadio González Nóvoa, do proxecto Aquí tamén se fala. Como secretaria actuou Dores Sánchez Alegre, técnica de normalización lingüística da Deputación.
Na categoría A (para persoas que destaquen na promoción da lingua galega de calidade e cunha identidade propia e unhas características xenuínas para empregala en todos os ambientes e con todos os estratos sociais), o xurado decidiu premiar a Freixeiro Mato “por ser un dos máis recoñecidos especialistas da lingua galega a nivel nacional e internacional, cunha brillante traxectoria desde os seus inicios no mundo do ensino ata á actualidade”. “Freixeiro Mato”, valorou o comité avaliador, “representa unha figura incuestionable na defensa, estudo e promoción social do idioma, con multitude de traballos e actividades con tales encomendas, requirida tanto en congresos para especialistas canto en entidades e encontros de menores dimensións, mais comprometidos co futuro do galego”.
Na categoría B (para entidades que  destaquen na promoción da lingua galega), a ACP Ponte… nas Ondas! gaña o premio “por constituír unha iniciativa educativa e cultural pioneira que leva promovendo, dende 1995, o uso da lingua galega en contextos reais, creativos e interxeracionais”, segundo o xurado. “A través dunha metodoloxía participativa e transfronteiriza, o proxecto consolidouse como unha ferramenta eficaz na valorización, normalización e proxección internacional da lingua galega. Esta metodoloxía foi avalada e recoñecida pola UNESCO como un modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial. O proxecto integra o galego como lingua vehicular en actividades comunicativas nos centros escolares (radio escolar, podcast, vídeos, certames…), favorecendo a súa aprendizaxe funcional e o seu uso espontáneo entre o alumnado”. O comité avaliador tamén destacou que “todas as actividades e proxectos que desenvolve Ponte…nas ondas! son de carácter transfronteirizo e están abertos á participación de centros educativos e entidades da lusofonía”.
Na categoría C (para proxectos concretos de dinamización lingüística que realicen un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade, e que atendan espazos emerxentes de uso da lingua co obxectivo de premiar a innovación e o futuro), o xurado decidiu que dúas propostas tiñan os mesmos merecementos para compartir o galardón. CeibaRimas, promovido pola Asociación Merenda Creativa, “por ser o primeiro e único proxecto de rap improvisado cen por cento en galego, que busca difundir o uso da lingua entre a mocidade, servíndose sérvese dun ámbito con gran popularidade entre a mocidade, como é o rap improvisado ou freestyle”. “O freestyle e o mundo do hip hop en xeral son”, segundo a resolución, “ámbitos nos que case non se usa o galego, polo que vemos especialmente necesario un proxecto coma este, que permite que a mocidade se exprese libremente en galego e facendo uso dunha rama tan enxeñosa coma a improvisación”. Para o xurado, “o proxecto conta, ademais, cun amplo vínculo co mundo da regueifa, xa que algúns participantes proveñen desa disciplina. Desde a súa creación no ano 2020, realizaron máis de 80 obradoiros en concellos de todo o país, ensinando esta disciplina a persoas de todas as idades, mais sobre todo a xente moza”.
CeibaRimas repartirá a partes iguais os 5.000 euros en metálico do premio coa proposta Galego para Peques, canle de Youtube promovida por Fátima Suárez e Álvaro López,  por ser, en valoración do xurado, “un proxecto audiovisual que vén encher un oco moi importante na creación e posta a disposición gratuíta e accesible de vídeos educativos e divertidos en galego para as primeiras etapas da infancia, xustamente a etapa de adquisición da lingua”. O comité avaliador destacou, ademais, “que o proxecto parta de dúas persoas a título particular, que se preocuparon na súa faceta de proxenitores por crear contido que non atopaban no mercado para as súas fillas e fillos”. A canle de Youtube de Galego para peques conta con máis de trinta entre cancións, contos e vídeos educativos e divertidos para que tanto as familias coma as profesionais da educación infantil poidan empregar na casa ou na aula. “Estamos a falar ademais”, valora o xurado, “dun proxecto inclusivo, pois tamén inclúe vídeos con pictogramas para axudar as persoas con necesidades educativas especiais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?