Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC recibe un premio nacional polo seu modelo para facer as recomendacións dixitais máis comprensibles e ecolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC recibe un premio nacional polo seu modelo para facer as recomendacións dixitais máis comprensibles e ecolóxicas

S. P.
Publicado: 02/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_premio_brie.jpg Analizar os nosos gustos e comportamentos para anticiparse ao que queremos é o obxectivo dos diferentes sistemas intelixentes pero estes sistemas fan as súas predicións sen explicarnos como nin por que, amais de precisar grandes recursos computacionais que impactan no medio ambiente.
Atendendo a esta situación, un grupo de investigadores e investigadoras do CITIC da Universidade da Coruña, centro que forma parte da Rede CIGUS da Xunta de Galicia, desenvolveu BRIE, un modelo que emprega imaxes seleccionadas de xeito intelixente para explicar as recomendacións que recibimos, axudándonos a entender mellor as súas suxestións e, ao mesmo tempo, reducindo drasticamente o seu consumo enerxético.
O traballo vén de ser recoñecido co Premio á Mellor Publicación Científica en Sistemas de Recomendación 2023-2024, concedido pola Rede Española de Investigación en Sistemas de Recomendación (ELIGE-IA), que reúne aos principais expertos estatais neste eido. Cada ano, esta rede outorga o premio á mellor publicación científica no campo, valorando a innovación, o impacto social e a calidade dos traballos presentados. Nesta edición, o comité seleccionou o traballo do CITIC entre oito candidaturas de gran nivel.Este recoñecemento salienta o traballo máis relevante a nivel nacional durante o período 2023–2024.
O artigo premiado, publicado na revista Information Fusion, titúlase: Sustainable transparency on recommender systems: Bayesian ranking of images for explainability e é obra dos investigadores do CITIC Jorge Paz Ruza, Amparo Alonso Betanzos, Bertha Guijarro Berdiñas, Brais Cancela Barizo e Carlos Eiras-Franco.
Achegándonos un pouco ao concepto de recomendación dixital, cómpre dicir que cando unha plataforma nos suxire unha película, unha canción, un produto ou unha publicación, está a empregar un sistema de recomendación. Estas tecnoloxías inflúen en moitas das nosas decisións en liña: o que vemos en Netflix, escoitamos en Spotify, mercamos en Amazon ou lemos nas redes sociais.
Para facer estas suxestións, analizan os nosos gustos e hábitos co obxectivo de anticipar o que podería interesarnos. Aínda que resultan ferramentas moi útiles, o seu funcionamento adoita ser opaco: non explican as razóns detrás das recomendacións, o que pode xerar desconfianza. Ademais, adestrar estes modelos require grandes cantidades de enerxía.
Para ofrecer unha alternativa máis comprensible e eficiente, o equipo do CITIC desenvolveu BRIE, un modelo innovador que emprega imaxes seleccionadas de xeito intelixente para ilustrar o porqué de cada recomendación. Por exemplo, se unha plataforma suxire un produto, BRIE pode amosar imaxes semellantes que o usuario valorase positivamente no pasado, facilitando así a comprensión do sistema.
O traballo premiado enmárcase en dous proxectos clave do CITIC: FrugalAI, que desenvolve algoritmos de Intelixencia Artificial capaces de funcionar en contornos con recursos limitados como o Internet das Cousas ou a robótica, e EthicDL, que busca combinar a potencia da aprendizaxe profunda con métodos máis interpretables para construír sistemas máis comprensibles e fiables. Para rematar, salientar que BRIE consegue isto cunha eficiencia sen precedentes: reduce o tamaño do modelo nun 98 % e as emisións de CO₂ asociadas ao seu adestramento nun 75 %, sen perder precisión nin rendemento. Isto converte a BRIE nunha ferramenta non só máis transparente, senón tamén máis sustentable. O modelo foi validado con éxito en seis conxuntos de datos reais e supera o rendemento dos sistemas actuais máis avanzados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?