Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R organiza as súas Xornadas Tecnolóxicas, Mentes Dixitais, centradas na ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R organiza as súas Xornadas Tecnolóxicas, Mentes Dixitais, centradas na ciberseguridade

S. P.
Publicado: 03/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mentes_dixitais.jpg A ciberseguridade é un tema moi de actualidade e de grande importancia nestes tempos, así o saben os de R que presentan unha nova edición das súas Xornadas Tecnolóxicas, que terá lugar o xoves 5 de xuño no Miradoiro de San Pedro da Coruña (restaurante Árbore da Veira), para abordar dende as perspectivas doutras mentes dixitais este tema.
Indo á xornada Mentes dixitais, abordarase a situación xeopolítica mundial e achegaranse algunhas claves para as empresas poderen moverse nun contexto completamente novo e aínda en proceso de transformación. Este encontro está dirixido ao empresariado galego nun momento que require reflexionar pondo o foco nas ameazas dixitais que nos rodean e fronte ás que debemos estar preparados/as e ser resilientes. Para facer fronte a isto é preciso ter información que nos permita superar retos e construír unha sociedade máis avanzada, madura e preparada.
Indo ao acto, Alfredo Ramos, director de R e de MasOrange en Galicia (Premio Enxeñeiro do Ano 2024 polo COETG), abrirá o acto e falará sobre o contexto da ciberseguridade como fundamento e clave do funcionamento actual de calquera empresa. Logo intervirá o primeiro convidado das Xornadas de 2025, Pedro Baños, Coronel de Infantaría do Exército de Terra (na reserva) para analizar, entre outros temas, de que maneira actores estatais e non estatais empregan o ciberespazo como ferramenta de presión, influencia ou sabotaxe. Tamén falará sobre a fragmentación do poder internacional e a crecente rivalidade xeopolítica, que están a xerar novas ameazas cibernéticas. O relatorio de Baños ofrecerá unha visión estratéxica sobre os riscos máis relevantes no ámbito dixital e exporá recomendacións clave tanto para institucións públicas como para empresas privadas, co fin de reforzar a súa resiliencia neste escenario incerto e cambiante.
Despois será a quenda de Silvia Leal, experta internacional en tecnoloxía e tendencias de futuro, que disertará sobre os principais riscos en materia de ciberseguridade que ameazan ás empresas no actual contexto tecnolóxico. Leal achegará unha visión estratéxica sobre como anticiparse ás ameazas e converter a ciberseguridade nunha vantaxe competitiva.
Para pechar o evento farase entrega do II premio aleluIA, certame inaugurado nas Xornadas R do ano pasado, que distingue proxectos onde se premia a creatividade e o espírito innovador á hora de aplicar a tecnoloxía.

Axenda Mentes dixitais

– 9:15 h Recepción de asistentes
– 9:30 h Benvida e presentación (Alfredo Ramos, Director de R)
– 9:45 h Riscos cibernéticos nun mundo multipolar: implicacións para gobernos e empresas; Pedro Baños, Coronel de Infantaría do Exército de Terra (Acompáñao Xosé Luís Vilela, Director de La Voz de Galicia)
– 10:40 h Riscos e claves estratéxicas para as empresas; Silvia Leal, experta internacional en tecnoloxía e tendencias de futuro (Acompáñaa Susana Rey Baldomir, membro da OPD de R e de +O)
– 11:30 h II Premio aleluIA
– 11:45 h Peche
– 12:00 h Petisco para xerar sinerxías

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?