Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pont-Up Store mostrará o potencial emprendedor do país co foco posto no rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pont-Up Store mostrará o potencial emprendedor do país co foco posto no rural

S. P.
Publicado: 03/06/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

pont_up_store_2025_presentacion.jpgPontevedra acolleu este martes 3 de xuño a presentación da 12ª edición da feira Pont-Up Store, evento referencial de fomento da innovación e o emprendemento que mostrará na cidade do Lérez máis de 40 novas ideas de negocio a fin de semana do venres 19 e sábado 20 de setembro. Segundo se fixo saber, este ano mostraranse as posibilidades do noso rural para revolucionar os sectores produtivos e porase o foco en iniciativas concretas de emprendemento non urbano.
No acto participaron a concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías Torreiro; o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández López; o vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez Artime; a vicerreitora do Campus de Pontevedra da UVigo, Eva Lantarón Caeiro; e o director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa Dorrego, quen explicou que “nesta edición queremos ser o escaparate da crecente cantidade de iniciativas de emprendemento que están xurdindo en toda Galicia, cunha campaña na que poñeremos un especial énfase nas vilas e aldeas do rural galego”.
O director do encontro tamén sinalou que neste 2025 no que se celebra o Ano Internacional das Cooperativas, “imos reforzar a nosa aposta polas fórmulas de economía social á hora de emprender con varias actividades en colaboración coa Unión de Cooperativas Galegas Espazo Coop”. Continuando coas novidades desta edición, Figueroa engadiu que “tamén queremos abrir espazos onde mostrar as iniciativas e o gran talento que hai noso sector audiovisual, entendido nun sentido amplo que inclúe tamén a música, os videoxogos e todas as derivadas das industrias culturais e creativas en sinerxía coas liñas profesionais do Campus Crea que deu orixe a este encontro”.
Pont-Up Venture medra nesta edición
Nesta edición volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 35 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades para dar a coñecer produtos e servizos; e participar na Pont-Up Venture, a revolucionaria proposta en formato talent business que este ano medrará para acoller ata oito emprendementos que terán a oportunidade de presentar as súas ideas de negocio para acadar financiamento. Para conseguilo, deberán convencer en 3 minutos a un xurado composto porLuis Taboada, ⁠CEO da tecnolóxica Qbitia; Olimpia Carabel, directora de investimentos en Faraday Venture Partners; Jorge Leiro, xestor en Torsa Capital e no fondo Lugo Transforma; Carmen Pumariño, xestora do fondo de impacto de Zubi Capital e Jorge González, analista de novas oportunidades de investimento en Netaccede. Poden participar proxectos persoais e tamén de entidades, empresas, asociacións ou colectivos, que deben ter “unha base tecnolóxica sólida ou destacar polo seu enfoque innovador”. O proxecto empresarial mellor valorado recibirá unha contía económica, a inclusión no programa Perks de Google e o acceso preferente á incubadora ViaGalicia de Zona Franca.
Candidaturas abertas ata o 4 de xullo
pont_up_store_2025.jpg Tanto para esta modalidade como para participar con stand ou realizar unha actividade demostrativa, os emprendementos deben ter un percorrido de menos de 3 anos e medio (42 meses) dende a súa creación. As candidaturas para participar nesta edición poderanse presentar a unha ou varias modalidades ata o 4 de xullo a través da web da Pont-Up Store. A organización seleccionará as iniciativas baseándose en criterios como a orixinalidade, innovación e creatividade do proxecto; o valor social, a sustentabilidade, a claridade e concreción, o potencial impacto económico ou social, e a capacidade de desenvolvemento futuro.
Unha campaña que ilustra os tres eixes do encontro
O director do Pont-Up Store tamén falou da campaña creativa desta edición, que parte dunha proposta da artista Sarai Lorenzo, unha das empresas integradas na Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store. A ilustradora realizou para o evento unha creación que ten como obxectivo “dar a coñecer dunha forma clara e atractiva as tres grandes áreas de participación do Pont-Up Store: stands, actividades e presentación de novos proxectos empresariais no formato Venture”, explicou Figueroa.
Unha edición pilotada desde a Asociación
O evento Pont-Up Store está organizado desde a Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, na que se integran xa 220 empresas que se foron sumando ao longo das 11 edicións celebradas, co patrocinio da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra no seu papel de patrocinador principal, a Universidade de Vigo como impulsora do evento e os apoios da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia a través do Igape e das áreas de Emprego e Igualdade, Abanca, R e Zona Franca de Vigo, entre as máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de “converter a Pontevedra na capital galega das iniciativas empresariais máis relevantes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?