Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula AMTIC do Milladoiro oferta novos cursos de formación para este mes de xuño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula AMTIC do Milladoiro oferta novos cursos de formación para este mes de xuño

S. P.
Publicado: 03/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cursos_amtic_milladoiro_ames_xuno.jpgA Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AMTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, oferta para este mes de xuño novos cursos formativos: tres dirixidos para persoas adultas e un para menores.
Os contidos dos cursos para adultos abranguen amplas ramas, dende ofimática ata o uso de diferentes aplicacións e ferramentas dixitais no noso día a día. En canto o curso de menores, o principal obxectivo é que a rapazada desenvolva a creatividade e pensamento lóxico a través do uso da tecnoloxía dun xeito lúdico e educativo.
Cursos para adultos
Como dixemos, ofértanse en total tres cursos para as persoas adultas. O primeiro deles é unha formación de ofimática nivel intermedio, que se impartirá do 11 ao 20 de xuño, en horario de 10.00 a 12.00 de mércores a venres. Nestas sesións formativas, achegaranse contidos relacionados coas diferentes ferramentas que nos ofrecen as aplicacións informáticas para o noso día a día e aprender a usalas do mellor xeito posible: organizar arquivos, crear o noso currículum, follas de cálculo ou recoñecer os riscos da rede.
Os días 11, 12 e 13 de xuño, en horario de 17.15 a 18.45 horas, celebrarase o curso Comunicación dixital, no que se afondará no uso de aplicacións como Whatsapp Web, Zoom, Google Meet ou as redes sociais para desenvolver unha comunicación efectiva e profesional na contorna dixital.
Por último, os días 18, 19 e 20 de xuño, en horario de 17.15 a 18.45 horas, impartirase a formación Aplicacións para o día a día, onde se traballará con diferentes aplicacións móbiles e páxinas web que nos poden resultar útiles na nosa vida cotiá para unha ampla variedade de temas como poden ser a organización, trámites, pagos, saúde ou incluso transporte.
Curso para rapaces
Neste mes de xuño, a Aula AMTIC ofrece un curso dirixido para menores a partir dos 10 anos, que se impartirá do 25 ao 27 de xuño en horario de 17.15 a 18.45 horas. Nesta formación, os nenos e nenas traballaran diferentes habilidades, como a creatividade ou o pensamento lóxico, a través do uso de diferentes xogos dixitais e actividades prácticas.
Na primeira parte do curso, os nenos e nenas poderán explorar a súa creatividade e entender as nocións máis básicas da informática empregando aplicacións e ferramentas dixitais nos que adquirir conceptos relacionados co deseño ou a programación adaptados a eles. Xa na segunda parte da formación, os contidos estarán máis orientados ao uso da lóxica e resolución de problemas empregando xogos educativos que fomenten o seu desenvolvemento cognitivo.
A inscrición en calquera destes cursos pode realizarse chamando ao número de teléfono 674 59 48 43, enviando ao enderezo informatica.milladoiro@gmail.com a solicitude de inscrición cuberta, que se pode descargar na seguinte ligazón, asinada ou presencialmente na aula AMTIC do Milladoiro en horario de aula aberta (De luns a venres de 10.00 a 12.30 e de 16.00 a 20.00).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?