Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta e a Fundación Castelao crean unha mostra inmersiva e hiperrealista do escritor rianxeiro grazas á IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta e a Fundación Castelao crean unha mostra inmersiva e hiperrealista do escritor rianxeiro grazas á IA

S. P.
Publicado: 03/06/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

250603_cultura__castelao_04av.jpgA Consellería de Cultura e a Fundación Castelao desenvolveron unha mostra inmersiva que presenta unha recreación hiperrealista do inmortal escritor e debuxante rianxeiro e da súa voz grazas ao emprego das ferramentas de Intelixencia Artificial.
O proxecto foi dado a coñecer nos seus detalles polo conselleiro de Cultura, José López Campos, este 3 de xuño no Museo Centro Gaiás. Lembrou que a exposición inmersiva Castelao. Mirar por Galicia foi realizada pola Xunta e a Fundación Castelao e que a mostra representa “a experiencia tecnolóxico-cultural máis avanzada ata o momento ao redor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un percorrido para atravesar o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis senlleiras de Galicia”.
Encadrado na programación da Xunta con motivo do Ano Castelao, este proxecto de arte dixital abrirá as súas portas na Cidade da Cultura a finais de xuño, nunha proposta que combina Intelixencia Artificial, hologramas, videoproxeccións e Realidade Virtual para “trasladar unha visión anovadora da vida e o universo artístico de Castelao, recreando a súa imaxe e a súa voz grazas ao potencial das novas tecnoloxías”, sinalou o conselleiro, engadindo que Castelao. Mirar por Galicia representará “unha experiencia inmersiva e rigorosa, onde as novas tecnoloxías intelixentes póñense ao servizo dun uso ético e responsable con grande esixencia metodolóxica”. Aludiu así López Campos ao equipo humano detrás deste proxecto, que conta coa asesoría histórica de Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao e un dos máis destacados especialistas na biografía, obra e achegas da figura do intelectual.
A dirección artística do proxecto recae en Carlos Seijo, co-fundador do estudio galego Maxina e responsable das animacións e produción dixital desta proposta. Especialista no deseño de efectos visuais, animación 3D, visualización e experiencias inmersivas, conta con máis de 10 anos de experiencia nos que colaborou co Guggenheim de Bilbao ou Netflix, entre outras, ademais de coa Xunta de Galicia en proxectos como Orixes ou Hábitats, ambos no Gaiás.
250603_cultura__castelao_01av.jpg No acto de presentación da exposición estiveron presentes ademais a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, dúas das institucións que contribúen a facer realidade Castelao. Mirar por Galicia, cedendo parte dos seus fondos para incluír neste percorrido que parte de cumprida documentación histórica e patrimonial e centos de arquivos visuais para afondar na figura do intelectual, artista e político de Rianxo. Entre as institucións cedentes de obra atópanse tamén a propia Fundación Castelao, a Filmoteca de Galicia ou o Museo de Pontevedra, entre outras.
A mostra, sinalou o conselleiro, reflicte a vontade do Goberno galego de “promover un maior coñecemento de Castelao no conxunto da cidadanía, botando man das tecnoloxías dixitais para conectar co público, cunha visión transversal, e un gran potencial de encaixe didáctico nos currículos escolares, sen perder nunca de vista o rigor e o respecto a unha figura que representa a todos os galegos e galegas”.
Castelao. Mirar por Galicia incluirá unha experiencia inmersiva con videoproxección cúbica: un resumo do periplo vital e creativo de Castelao, relatado en primeira persoa, que presentará tamén unha selección de obras dotadas de vida mediante técnicas de animación 3D e IA nunha recreación artística do seu espírito creativo.
Ademais, estase a realizar un traballo de recreación da voz do intelectual, da que se conserva un único rexistro sonoro: a mensaxe que gravou en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse en Montevideo en 1941, conservada no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. Segundo explicou o conselleiro, o arquivo “someteuse a un depurado do son para, a continuación, adestrar unha Intelixencia Artificial para reproducir con fidelidade o timbre, entoación e textura da voz”. Isto, combinado co traballo de locutores profesionais, procura reproducir o máis fielmente posible textos da súa propia autoría, pertencentes a publicacións como Cousas, Sempre en Galiza, Alba de Gloria ou o Diario 1921.
Ano Castelao
Castelao. Mirar por Galicia é un dos proxectos máis destacados da programación despregada pola Xunta de Galicia en 2025 con motivo da súa declaración como Ano Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento. A través desta proposta, lembrou López Campos, a Xunta e a Fundación Cidade da Cultura “continúan ademais a afianzar a súa aposta por situar Galicia na vangarda das artes dixitais, nunha liña de traballo na que se encadra tamén a próxima apertura no Gaiás do futuro Centro de Artes Dixitais de Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?