Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa se poden descargar os bonos desconto de Activa Comercio, 7ª edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa se poden descargar os bonos desconto de Activa Comercio, 7ª edición

S. P.
Publicado: 04/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

210524_bonosactivacomercio_dcs_01.jpgO conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou este mércores 4 de xuño o comercio especializado en xogos de mesa Júpiter Ourense con motivo do lanzamento da 7ª edición do bono Activa Comercio. Na súa visita á cidade das Burgas, González lembrou que na primeira convocatoria do ano 2025, a Xunta está a destinar 2,5 millóns de euros, cos que prevé mobilizar 8,5 millóns en vendas nos establecementos de proximidade galegos co “obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela ao sector.”
Segundo salientou o conselleiro, xa hai máis de 6.000 negocios adheridos en toda Galicia nestes momentos e en menos de dúas horas desde a súa activación descargáronse 60.000 bonos e mobilizáronse preto de 500.000 euros, o “que evidencia o elevado impacto da iniciativa”, dixo.
Recordou que desde esta mañá os usuarios poden descargar un bono desconto de 30 euros na páxina web dos bonos para empregar directamente na adquisición de produtos e servizos nos comercios adheridos, agás tarxetas regalo, vales ou similares.
Como novidade este ano, a adhesión dos establecementos á campaña (cuxo prazo comezou o pasado 20 de maio) realizarase unha única vez para todas as edicións do ano.
Durante a visita, José Gonzalez explicou que o Goberno galego ten previsto destinar inicialmente 5 millóns de euros durante o ano 2025 a esta campaña, contribuíndo a fortalecer tanto a economía de proximidade como a competitividade do sector.
Amais, cualificou de “rotundo éxito” a actividade xerada polas pasadas edicións, coa mobilización desde o ano 2021 de preto de 100 millóns de euros no comercio retallista galego, destacando que só no 2024 se destinaron 7,5 millóns de euros en descontos, que impulsaron 600.000 transaccións comerciais nas catro provincias e xeraron un volume de vendas de arredor de 34 millóns de euros.
As persoas consumidoras interesadas que descarguen o bono desconto de 30 euros, poderano empregar directamente na adquisición de produtos e servizos nos comercios adheridos ata o esgotamento do crédito da campaña. Os bonos están pensados “para fomentar o consumo no momento da compra, favorecendo así a dinamización comercial”.
Teñen formato dixital QR e están dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe vaise reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. Como en anteriores ocasións, cada persoa pode descargar un único bono sen que haxa límite de usuarios, pero, unha vez esgotado o crédito total de 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar, aínda que non se teñan consumidos na súa totalidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?