Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As viguesas Envita e HC San Rafael, entidades galardoadas nos I Premios á Dixitalización da OAP de Ineo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As viguesas Envita e HC San Rafael, entidades galardoadas nos I Premios á Dixitalización da OAP de Ineo

S. P.
Publicado: 05/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

intervencion_del_director_de_red.es_jesus_herrero_premios_ineo_web.jpgIneo, a Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia, celebrou este xoves 5 de xuño a gala de entrega dos seus Premios á Dixitalización, no marco do proxecto da súa Oficina Acelera Peme, outorgado á asociación por Red.es por segunda convocatoria consecutiva. As viguesas Envita Digital Solutions e HC San Rafael, foron finalmente as entidades galardoadas nos I Premios á Dixitalización da OAP de Ineo.
Envita Digital Solutions, nova firma de innovación social que ofrece solucións dixitais para a Atención Centrada nas Persoas, foi recoñecida co premio ao liderado feminino en transformación dixital.
Pola súa banda, o Fogar e Clínica San Rafael, centro de atención a persoas con discapacidade intelectual e de rehabilitación, recibiu o premio a entidade con maior impacto social a través da tecnoloxía.
Tamén foron premiadas Seragro S. Coop. Galega, á dixitalización no medio rural; Beatriz Casal Novoa, Librería Arte e Ciencia, ao emprendemento dixital con impacto local; e o Centro Juan María á educación e capacitación dixital.
Coa creación destes galardóns, Ineo busca “recoñecer o impacto económico, social e territorial das pemes e autónomos galegos que están a liderar procesos de transformación dixital”. A asociación explicou na gala que “aínda que o recoñecemento se limita a cinco entidades, estas só son unha mostra do importante labor que se está facendo en Galicia”. Así o recalcaba a presidenta de Ineo, Lourdes Guerra, destacando que as cinco empresas “ás que hoxe lle daremos un premio, non son máis que un exemplo do ben que están a traballar as empresas galegas, con especial atención ao caso das pemes e as persoas autónomas, que son as que contan con menos recursos, pero están moi atentas para aproveitar ferramentas tecnolóxicas e financeiras que lles permitan mellorar día e ser cada vez máis competitivas”, declaraba.
premiados_gala_dixitalizacion_oap_ineo_web.jpgA presidenta de Ineo tamén salientou a súa satisfacción ao ver os resultados da Oficina Acelera Peme: “Significou un antes e un despois na nosa traxectoria, e non somos unha entidade nova, o próximo febreiro cumpriremos 20 anos” concluía Lourdes Guerra.
Pola súa banda, o director xeneral de Red.es destacou o importante labor das oficinas Acelera Peme na transformación dixital das pequenas e medianas empresas. Sinalou, ademais, que a transformación é “implantar ferramentas, adaptarse ao futuro e incorporar talento”. Ademais, sinalou que en Galicia “téñense concedido máis de 45.000 axudas de Kit Dixital e máis de 900 axudas do programa Kit Consulting”.
A xornada tamén contou coa intervención do delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco; o delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, e o presidente da Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros.
No mesmo acto, o director de operacións de Ineo, Luis Rey, presentou os resultados obtidos pola Oficina Acelera Peme desde a súa posta en marcha en 2021. Co obxectivo de impulsar a dixitalización do tecido empresarial galego, a Oficina desenvolveu un intenso traballo de asesoramento e apoio a pemes e persoas autónomas nos seus procesos de transformación dixital. Nos últimos catro anos asesorou a preto de 1.000 empresas e deu soporte, a través dos seus servizos, a máis de 1.800. Grazas á organización de máis de 100 obradoiros sobre dixitalización, a iniciativa achegou solucións tecnolóxicas innovadoras a máis de 5.000 asistentes. Ademais, desde a oficina, conseguiuse captar mais de 1.5 millóns de euros de axudas para as empresas.
O obxectivo de Ineo é continuar con esta liña de traballo, asesorando ás empresas, dando visibilidade á importancia da dixitalización e funcionando como ponte entre o sector TIC e o resto do tecido empresarial de Galicia.
Así o confirmaba Lourdes Guerra, anunciando que Ineo xa se presentou á terceira convocatoria do programa. “Agora é todo máis doado e creamos unha rede de contactos, sinerxías e operativa que fan da oficina unha ferramenta moi útil aberta a todo o mundo e con servizos gratuítos ás empresas” explicaba.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?