Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone leva a 5G a 1.500 praias este verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone leva a 5G a 1.500 praias este verán

S. P.
Publicado: 09/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobil_praia_dispositivo_veran-2.jpgVodafone España anunciou que vai levar a tecnoloxía móbil 5G a case 1.500 praias este verán, 102 das cales pertencen á Comunidade Autónoma de Galicia. A operadora quixo reforzar deste xeito o seu compromiso coa conectividade para todos ampliando a súa rede 5G a 776 novas praias, alcanzando un total de 1.446 praias conectadas en 10 Comunidades Autónomas: Andalucía, Asturias, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Illas Canarias, Cantabria, Cataluña, Galicia, Murcia e Euskadi.
O obxectivo é “ofrecer aos usuarios unha mellor experiencia de navegación, maiores velocidades de descarga e unha conectividade máis fiable nos seus destinos vacacionais”.
Andalucía destaca como a rexión con maior número de novas praias incorporadas á rede, con 195 novos puntos de cobertura 5G. Pola súa banda, Cataluña consolídase como a comunidade con maior despregue 5G na costa, conectando un total de 319 praias.
A distribución total da cobertura 5G en praias por comunidades autónomas é a seguinte:
Andalucía: 278 praias en total
Asturias: 101 praias
Baleares: 93 praias
Comunidade Valenciana: 220 praias
Canarias: 166 praias
Cantabria: 38 praias
Cataluña: 319 praias
Galicia: 102 praias
Murcia: 106 praias
Euskadi: 29 praias
A rede 5G de Vodafone España rexistrou a semana do 12 de agosto de 2024 un incremento no tráfico de datos do 28% comparado coa mesma semana do ano anterior. Ademais, a rede móbil (5G,4G,2G) rexistrou un pico no tráfico de datos que supero os 50.000 terabytes, un 2% máis que en 2023, no que é un dos momentos con máis tráfico do ano. Desta forma, o tráfico de datos multiplicouse por 3 en zonas costeiras, especialmente en Alacante, Tarragona, Valencia, Xirona, Málaga, Castelló e Cádiz, e multiplicouse por 4 en zonas do interior, en concreto, nas provincias de Zamora, Teruel, Cuenca e Ávila.
As aplicacións máis utilizadas polos clientes durante o pasado verán foron: Instagram (15%), TikTok (11,2%), Facebook (8,8%), e Youtube (8,5%), recortando distancia TikTok respecto a Instagram.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?