Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web Merca no teu comercio incentiva as compras locais nos barrios e no rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web Merca no teu comercio incentiva as compras locais nos barrios e no rural

S. P.
Publicado: 11/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

merca_no_teu_comercio_1.jpg Impulsar a demanda e poñer en valor o comercio de proximidade, especialmente nos municipios rurais galegos e nos barrios sen asociación comercial é o obxectivo da campaña Merca no teu comercio, posta en marcha pola Xunta e a Federación Galega de Comercio. Na mañá de hoxe, mércores 11 de xuño, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presentaban a dita campaña. No acto tamén estiveron presentes o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez.
Indo á proposta, esta desenvolverase nas 4 provincias galegas con 10 campañas en cada unha delas, cunha duración de 15 días e rematando cunha entrega de premios. As accións de dinamización realizaranse entre o 15 de xuño e o 31 de outubro (ambos incluídos) e enmárcanse no convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación e dinamización do sector.
merca_no_teu_comercio_2.jpg Cómpre dicir que nesta edición, os consumidores de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra que queiran participar na iniciativa deberán rexistrar a súa compra a través da páxina web habilitada para a iniciativa. Tamén poderá ser rexistrada polo comerciante a través da mesma plataforma, duplicando deste xeito a participación do consumidor e incrementando as posibilidades de gañar unha das 20 tarxetas prepago por valor de 50 euros que se sortearán en cada unha das campañas. Engadir que estas tarxetas poden ser trocadas nos comercios minoristas das respectivas localidades ata o 31 de decembro deste ano.
Para rematar, sinalar que no acto de presentación da campaña, o director xeral salientou que esta edición ten como novidade a extensión máis aló das grandes cidades e ademais contará con actos de entrega de premios en 40 localidades diferentes, chegando a máis de 60 asociacións de comerciantes e beneficiando á veciñanza e negocios de 80 municipios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?