Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Accenture, Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Accenture, Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible do CPEIG

S. P.
Publicado: 11/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

accenture.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concederá o Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) á consultora tecnolóxica Accenture pola súa participación no Programa Nacional de Algoritmos Verdes, unha iniciativa estratéxica para o desenrolo de Intelixencia Artificial Sostible, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital con fondos europeos Next Generation. O galardón será entregado no marco da XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebra o 27 de xuño en Santiago.
Segundo salienta o CPEIG, Accenture estase encargando de elaborar a metodoloxía de medición do consumo dos algoritmos de Intelixencia Artificial xunto con todo o marco metodolóxico do Programa Nacional de Algortimos Verdes. Ademais, está a crear as ferramentas de medición, así como o sistema de autoavaliación que se distribuirá ás empresas, ademais de desenvolver o proceso de dinamización do ecosistema, comunicación e creación de eventos e hackatons para axilizar a penetración no mercado. Entre as ferramentas xeradas por Accenture para medir o impacto ambiental dos algoritmos de IA, destacan os modelos e estándares para avaliar o consumo enerxético e a pegada de carbono dos algoritmos, e o sistema de certificación de IA verde, co deseño dun selo de calidade ambiental para algoritmos que servirá para validar boas prácticas e fomentar unha adopción responsable da tecnoloxía. Este traballo contribúe directamente aos ODS 9 (Industria e Innovación) e ODS 13 (Acción polo Clima), reflectindo a aposta por unha transformación dixital respectuosa co contorno e conectada coas realidades de cada territorio, segundo salienta o CPEIG, lembrando que Accenture é unha compañía líder mundial en servizos profesionais que axuda ás principais empresas, gobernos e outras organizacións do mundo a desenvolver o seu núcleo dixital, optimizar as súas operacións, acelerar o crecemento dos seus ingresos e mellorar os seus servizos á cidadanía, creando valor tanxible a velocidade e escala.
Conta con máis de 18.000 profesionais en España e ao redor de 801.000 no mundo, e presta os seus servizos a clientes en máis de 120 países.
Accenture celebra este año o seu 60 aniversario en España. Durante este tempo, a compañía contribuíu ao desenvolvemento e progreso da economía, axudando ás grandes empresas españolas e á Administración Pública na súa modernización e desenvolvemento tecnolóxico e dixital, xerando a súa vez un impacto positivo na sociedade e a cidadanía españolas. Accenture presta servizo aos seus clientes en España ao longo de toda a península. Concretamente, en Galicia está presente en A Coruña e Vigo.
O managing director responsable do Centro Avanzado de Tecnología de Accenture en España e Portugal, Toni de la Prieta, e a responsable para o sector público en Galicia, Ana Malde, recollerán o galardón na XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?