Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Talentos Inclusivos V achegou 59 solucións para mellorar a vida das persoas con discapacidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Talentos Inclusivos V achegou 59 solucións para mellorar a vida das persoas con discapacidade

S. P.
Publicado: 11/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

talentos_inclusivos_citic_clausura_2.jpgO Edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, acolleu na mañá deste 11 de xuño o acto de clausura da V edición do programa Talentos Inclusivos, unha iniciativa impulsada polo CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da Universidade da Coruña, en colaboración con ASPACE Coruña, cuxo principal obxectivo é “fomentar a inclusión de persoas con discapacidade a través de retos tecnolóxicos e creativos desenvolvidos por centros educativos galegos”.
Segundo fixeron saber dende o CITIC facendo balance da quinta convocatoria, nesta edición os 15 centros participantes desenvolveron un total de 59 solucións tecnolóxicas dirixidas a mellorar a vida cotiá de persoas con parálise cerebral. Estes retos foron propostos por usuarios e profesionais de entidades como ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE, APAMP e o Centro de Formación Profesional de Cruz Vermella A Coruña, e abordados por alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, en colaboración con persoal investigador do CITIC.
talentos_inclusivos_citic_3-2.jpgEntre as solucións presentadas destacan propostas como ramplas portatis adaptadas, taboleiros electrónicos didácticos, mecanismos para facilitar o descanso con mans estiradas, mantas de peso con luces, canastras para piscina, timbres sen fíos con premedor, adaptacións en impresión 3D para obxectos cotiáns e videoxogos educativos inclusivos.
O evento de clausura reuniu este mércores 11 e xuño a máis de 450 persoas, entre estudantes, docentes, persoas con discapacidade, investigadores e institucións colaboradoras, consolidando a Talentos Inclusivos como “un referente na promoción da ciencia inclusiva e a concienciación social desde as aulas”, salientou o CITIC.
Desde primeira hora, os centros participantes procedentes de distintos puntos de Galicia expuxeron os seus proxectos ante o público. A xornada continuou cunha visita libre á exposición, unha xincana interactiva para fomentar o intercambio entre asistentes e un sorteo de dous premios.
Ás 12.00 horas celebrouse a chegada das autoridades, quen participou nunha foto de familia e realizaron unha visita guiada polos expositores acompañados por Javier Pereira, subdirector do CITIC. Durante o percorrido, fíxose entrega de diplomas de participación como recoñecemento ao compromiso e esforzo de cada centro.
Na súa intervención, o director do CITIC, Manuel G. Penedo, quixo destacar o impacto do programa: “Talentos Inclusivos demostra que a tecnoloxía tamén pode ser unha ferramenta de xustiza social. Que estudantes, persoas con discapacidade e persoal investigador traballen xuntos en retos reais, con resultados concretos, é a mellor maneira de fomentar unha sociedade máis inclusiva e consciente. Este programa une vocación científica, compromiso social e educación de calidade”.
Cinco anos impulsando a inclusión desde a ciencia e a tecnoloxía
talentos_inclusivos_citic_clausura.jpg Con cinco edicións xa celebradas, Talentos Inclusivos promoveu o desenvolvemento de máis de 70 solucións tecnolóxicas reais, espertando vocacións STEM entre a mocidade galega e consolidando a colaboración entre o sistema educativo, a comunidade científica e o tecido social.
Na edición deste ano, o proxecto involucrou a máis de 500 persoas, entre estudantes e persoas con discapacidade, nun proceso de co-creación tecnolóxica con impacto real na vida cotiá das persoas beneficiarias.
Talentos Inclusivos é un proxecto desenvolvido polo CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da UDC (Universidade da Coruña) e ASPACE Coruña, e que conta co apoio da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades; o Consello Social da UDC; o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia a través das Consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e FP e Política Social e Igualdade.
O seu obxectivo é espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre os mozos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.
A través deste proxecto, estudantes de secundaria e bacharelato de diversos institutos de Galicia, terán que buscar solucións tecnolóxicas a unha serie de retos que serán propostos por usuarios da entidade ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE, APAMP e Cruz Vermella A Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?