Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Coworking Dixital Compostela prestou asesoramento transformador a 220 empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Coworking Dixital Compostela prestou asesoramento transformador a 220 empresas

S. P.
Publicado: 12/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_camara_santiago_memoria.jpg A Cámara de Comercio de Santiago presentou este 12 de xuño a súa Memoria de Actividades 2024, no que se fai balance, segundo a entidade cameral, “dun ano de intenso traballo no apoio ao tecido empresarial da súa demarcación, que abrangue 32 concellos do sur da provincia da Coruña”.
No acto participou a responsable de Emprego, Industria, Política Demográfica e Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, quen destacou “a alianza sólida e efectiva” que mantén a institución provincial coa Cámara.
A deputada puxo en valor o convenio de colaboración asinado recentemente entre ambas entidades, orientado a fomentar o emprendemento e o emprego desde tres ámbitos fundamentais: o fomento da cultura emprendedora entre a mocidade dos centros educativos, o acompañamento ás persoas emprendedoras nos seus proxectos e a creación dun servizo de apoio para facilitar o acceso a financiamento das pequenas empresas.
A presidenta da Cámara, María Pais, agradeceu o apoio da Deputación e subliñou que esta colaboración permitirá á Cámara ampliar o seu alcance e reforzar os seus servizos ás pemes, micropemes e persoas autónomas da comarca.
Durante 2024, a Cámara apoiou a máis de 3.500 empresas e persoas autónomas, mobilizando máis de 1 millón de euros a través de programas con financiamento europeo. Grazas ao asesoramento da entidade, naceron 148 novas empresas, moitas delas no Viveiro de Empresas, recoñecido entre os mellores do Estado.
Ademais, a través do programa Coworking Dixital Compostela, co-financiado ao 50 % pola Deputación e o Concello de Santiago a través do PEL-Red Coworking 2025, prestouse asesoramento a 220 empresas e formáronse máis de 250 persoas emprendedoras, “consolidando este espazo como un punto de referencia para a innovación e a transformación dixital das empresas”.
De cara a 2025, o convenio coa Deputación permitirá ampliar a acción da Cámara como axente de referencia para o emprendemento na súa demarcación. “Xunto con iniciativas europeas como os proxectos Beautiful Bees, Co-Green Market e Global2You, esta colaboración reforza o compromiso compartido co desenvolvemento económico sostible, a igualdade de oportunidades e a fixación de poboación a través do emprego de calidade”, sinalaron ambas entidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?