Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación e Ponteareas levan a realidade virtual ao Corpus Christi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación e Ponteareas levan a realidade virtual ao Corpus Christi

S. P.
Publicado: 13/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250613_luislopez_rp_jphilippot_11.jpgA Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas asinarán un convenio de colaboración por valor de preto de 170.000 euros para levar a cabo un produto de Realidade Virtual (VR) e un museo ao aire libre arredor da festa do Corpus Christi. O organismo provincial acaba de dar luz verde a este convenio co que “queremos seguir promovendo o crecemento equilibrado e sostible do turismo e impulsar a modernización e dixitalización deste sector tan importante para a nosa economía”, asegurou o presidente Luis López.
O convenio enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística do Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos, dotado con 1,5 millóns de euros e financiado con fondos Next Generation da UE, e permitirá poñer en marcha novas ferramentas dixitais que consisten na implantación e mantemento dunha plataforma museográfica virtual para poñer en valor como recurso turístico a festa do Corpus Christi. Ademais, a actuación completarase coa creación e instalación de elementos para a divulgación e interpretación da festa, declarada de interese turístico internacional e que este ano se celebrará o 22 de xuño.
Esta iniciativa, explicaron as dúas entidades, “permitirá reforzar a interpretación do Corpus Christi, apoiar e poñer en valor o oficio das persoas alfombristas realizando un traballo de documentación e inventario fotográfico das alfombras florais e do seu proceso de creación, desestacionalizar a demanda turística e incrementar a sostibilidade do destino”. Deste xeito crearase un portal web que permitirá amosar a historia e orixe da festa, con experiencias audiovisuais a través dun percorrido polas rúas de Ponteareas amosando as alfombras e os traballos previos para a súa confección. Amais, dixitalizarase, xerarase e incorporase contido audiovisual relacionado co Corpus Christi e instalaranse tótems interactivos no percorrido no que habitualmente se sitúan as alfombras para poder coñecer estes elementos en calquera momento do ano.


Conferencia de prensa do presidente da Deputación de Pontevedra

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?